logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


armar
vi vp vt Equipar (de armas). Ensamblar, instalar, montar, preparar. fig Argallar, formar, montar, organizar, producir. vp Abastecerse, equiparse, proverse. Organizarse, producirse, provocarse (armouse unha boa!).
artellar
vt Articular, dispoñer, dispor, estruturar, organizar, vertebrar. fig Unir, vincular, xuntar.
articular
vt Artellar, organizar, estruturar, dispor, vertebrar, dispoñer. Modular, pronunciar, vocalizar.
clasificar
vt Catalogar, dispoñer, dispor, ordenar, organizar. vp Cualificarse (clasificouse para o seguinte fase da competición).
configurar
vp vt Conformar, constituír, dispoñer, formar, organizar.
dispoñer
vt Acomodar, amañar, arranxar, colocar, compoñer, compor, dispor, gobernar, organizar, preparar, programar (dispuxo todos os aparellos para comezar a traballar). Acordar, decidir, resolver (dispuxo ir á feira). Mandar, ordenar (o capitán dispuxo o asalto do castelo). Determinar, establecer, prescribir (o decreto dispón as ordenanzas municipais).
dispor
vt Dispoñer, compor, colocar, compoñer, gobernar, arranxar, preparar, organizar, amañar, acomodar, programar.
distribuír
vt Arranxar, clasificar, colocar, dispoñer, dispor, ordenar, organizar. Adxudicar, asignar, partir, repartir. Entregar.
dividir
vt Cortar, partir, tallar. Desfacer, desunir (coas súas renarterías dividíu o partido). Apartar, organizar, separar (dividíunos por orde alfabética). Delimitar, demarcar, estremar, partillar (as fincas).
estruturar
vt Articular, formar, dispoñer, organizar.
formar
vp vt Constituír, crear, establecer, instituír, organizar (a coalición formouse a principios de ano). Adestrar, aprender, educar, instruír, preparar. vt Compoñer, compor, integrar (a Universidade fórmana distintas facultades). vp Conformarse, crecer, criarse, desenvolverse, facerse.
fundar
vt Constituír, construír, crear, erguer, establecer, formar, implantar, instaurar, instituír, levantar, organizar. Alicerzar, asentar, basear, cimentar (fundou a casa sobre un penedo). vp Apoiarse, basearse (para criticarme fúndase en dixomedíxomes).
organizar
vt Dispor, ordenar. Artellar, articular, vertebrar. Aparellar, argallar, armar, preparar. vp vt Amañar, arranxar, compoñer, compor, dispor, preparar. vp Armarse, montarse, producirse, provocarse.
planificar
vt Argallar, idear, concibir, pensar, programar, proxectar, urdir, xestar. Arrombar, dispoñer, organizar, preparar.
preparar
vp vt Aparellar, arrombar, dispoñer, organizar, planificar, programar, previr. Enfeitar.
programar
vt Arrombar, dispoñer, organizar, planificar, preparar.
sistematizar
vt Estruturar, ordenar, organizar, regulamentar.
tecer
vi vt Calcetar. Entear. fig Amañar, argallar, maquinar, organizar, preparar, proxectar, tramar, urdir.
urdir
vt Fiar, tecer. fig Argallar, armar, intrigar, maquinar, organizar, preparar, tramar.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.