logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


acto
sm Acción, feito, suceso. Intre, momento. Cerimonia, función, gala. Episodio, parte, período (no primeiro acto tiven que marchar do teatro).
apartado
adx Afastado, retirado, separado (está apartado da función pública). Afastado, arredado, distante. sm División, parágrafo, parte, sección.
banda
sf Cinta, faixa, fita, franxa, tira. Barra, faixa, franxa, lista, raia (a saba leva unha banda bordada). Bando, cuadrilla, gavela, grupo, tropa. Charanga, grupo, orquestra. Bandada, paxarada, voda (de aves), bando, paxariñada. Costado, lado. Lado, parte, zona (pola banda de alá xa non hai viño). Beira, marxe, orela, ourela.
cacha
sf Calva. Carto do cu, glúteocult, nádega. Báculo, bastón, cachaba, caxata, caxato, vara. Anaco, bocado, cachiza, cacho, parte. sfpl Asentadeiras, cu, pandeiro, pousadeiras, traseira, traseiro, zafanario.
campo
sm Campiña. Agro, eido. Apastadeiro, busto, campeiro, lameiro, lodoeiro, namela, pasta, pasteira, pasteiro, pastoeiro, pastoriza, prado, poulo, pradeira, rañadoiro, regada (pastizal con herba curta). Escenario, lugar. Bando, corda, parte, partido (eses militantes non son do meu campo). Eido, especialidade, rama, sector. Ámbito, eido, esfera. Estadio. Agricultura (este libro é un tratado sobre o campo).
cara
sf Face, faciana, rostro. Aparencia, aspecto, cariz, pinta, traza. Lado, parte. Anverso. fig Descaro, desvergonza, rostro.
comparecente
s Parte (xuízo).
compoñente
adx Constituínte, constitutivo, formante, integrante. sm Elemento, parte, peza. Ingrediente, substancia.
comunicación
sf Aviso, comunicado, despacho, notificación, parte, participación. Transmisión (a comunicación de datos faise cada día máis fácil). fig Amizade, confianza, coñecemento, relación, trato (entre nós existe unha boa comunicación).
comunicado
sm Comunicación, aviso, parte, notificación, participación, despacho.
corpo
sm Organismo. Carne, materia. Asociación, colectividade, comunidade, corporación, entidade, gremio, institución, organización. Obxecto. Figura. Torso, trobo, tronco. Parte, peza, porción. Grosor, tamaño. Consistencia, densidade, espesor, forza (este viño non ten corpo ningún).
cota
sf Lombo (a cota do coitelo está enferruxada pero o gume non). Asignación, parte, porción. Alto, bicarelo, cabezo, carriñouzo, cimeira, cima, cimo, coroa, cotela, coto, crista, cume, cumeiro, cumial, cumio, curota, curuto, petouto, pico, picoto, picouto, píncaro, proída.
cuarteirón
sm Cuarto. Anaco, cacho, parte, porción, tallada. Chavo, esgallo, galla, gallo, teto. Fonte, mamadeira, mamia, pezón, pisa, teta, teto.
escote
sm Cota, parte.
faceta
sf Face, banda, lado. Aspecto, cara, lado, parte, perspectiva, punto de vista (ese asunto tes que analizalo en todas as súas facetas).
fracción
sf División, fraccionamento, partición. Anaco, división, fragmento, parte, porción. División, sección, segmento, separación. Bando, corrente, grupo, organización, sección. Crebado, quebrado.
fragmento
sm Anaco, cacho, fracción, parte, porción.
grao
sm División, parte (o termómetro está dividido en 50 graos). Cantidade, nivel, punto, valor. Título (a este paso nunca conseguirei o grao de doutor). Cargo, condición, rango, xerarquía (ao cabo de vinte anos déronlle o grao de sarxento).
informativo
adx Esclarecedor, ilustrativo, orientador, revelador. sm Diario, noticiario, parte, telexornal.
integrante
adx s Compoñente, membro, parte.
lote
sm Anaco, división, parte, porción, quiñón. Conxunto.
noticiario
sm Periódico, xornal. Noticias, parte, telexornal.
parcela
sf Sorte, tenza (terra). Terreo. División, parte, porción.
parte
sf Anaco, fracción, fragmento, porción. Sorte, quiñón. Banda, dirección, lado, sector, zona. Contendente, litigante, preiteante. Contratante, negociante. sfpl fig Órganos xenitais, partes deshonestas, partes inferiores, partes íntimas, partes obscenas, partes pudendas, sexo, xenitais. sm Aviso, comunicado, despacho, notificación, participación. fig Noticiario, noticias (da radio).
participación
sf Colaboración, contribución, cooperación. Implicación, intervención. Parte, aviso, despacho, notificación, comunicado.
peza
sf Anaco, cacho, fracción, fragmento, parte, porción. Compoñente, elemento. Exemplar (caza). Retallo, retrinco. Composición, obra. Cuarto. Bola, pan.
porción
sf Anaco, cacho, fracción, fragmento, parte. Cota, quiñón (pesca).
ración
sf Dose, medida, parte, porción, posta. Asignación, cota.
sección
sf Amputación, corte, escisión, mutilación (o accidente produciulle a sección da man dereita). Anaco, fracción, parte. Departamento, dependencia, división, negociado (traballa na sección de nóminas).
sector
sm Sección (círculo). Grupo, parte. Sección, tramo. Distrito, zona.
segmento
sm Anaco, fracción, parte, porción.
sitio
sm Lugar, parte. Posto.
telexornal
sm Informativo, noticiario, partecol.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.