logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


acabalgar
vt Cabalgar, encabalgar, montar. fig Colocar, poñer (acabalgou unha perna na outra). Impoñerse, pasar (chegou a acabalgar por riba do xefe).
acaecer
vi Acontecer, ocorrer, pasar, sobrevir, suceder.
aclarar
vt Clarificar, elucidarcult, esclarecer, explicar, puntualizar. Enxaugar, pasar (a roupa). Desbrozar, desmestar, rozar (aclarou o terreo de silvas). vi Abocañar, abrir, arraiar, avagantar, clarear, clarexar, delampar, deloirar, delourar, desanubrar, desencapotar, despexar, escambrar, escampar, estear, estiñar, estrelampar, levantar (o tempo parece que aclara para mañá). vp Descubrirse, despexarse, entenderse, explicarse (por fin aclarouse todo o asunto ese).
acontecer
vi Acaecer, cadrar, ocorrer, pasar, producirse, sobrevir, suceder (os feitos acaeceron sen percatérmonos).
aguantar
vt Soportar, soster, termar. Aturar, sobrelevar, soportar, tolerar. Durar, pasar (esta saia ben aguanta outro ano). fig Encaixar (aguanta ben as bromas). vp Resignarse, resistir, soportar, sufrir. Calar, conformarse, conterse, dominarse, refrearse, reprimirse.
alcanzar
vt Atrapar, coller, pillar. Abondar, chegar. Acadar, conseguir, lograr, obter. Abranguer, albiscar, atinxir (desde a miña casa alcanzo Baiona). Adquirir, obter, sacar (alcanzou o título de doutor). Pasar, rebordar, sobrepasar, superar.
apegar
vt Achegar, arrimar, axuntar. Apelicar, pegar, colar. Apelicar, contaminar, apestar, propagar, transmitir, lacrar, contaxiar, pegarcol, pasarcol, infectar. vp fig Encariñarse, simpatizar.
apelicar
vt Apegar, colar, pegar. Apegar, apestar, contaminar, contaxiar, infectar, lacrar, pasarcol, pegarcol, propagar, transmitir. vp Adherirse, pegarse (apelicouse o arroz no fondo da tarteira).
apestar
vi vt Apelicar, contaminar, propagar, transmitir, lacrar, apegar, contaxiar, pegarcol, pasarcol, infectar. vi Alcatrear, cheirar, feder, imbrar.
atacar
vp vt Asaltar, agredir, acometer. Asaltar, acosar. Aldraxar, insultar, inxuriar, ofender. Afectar, coller, vir (atacoume a gripe de medo). fig Abordar, acometer, comezar, meterse, tratar (atacou o asunto con temor). Atestar, ateigar, abarrotar, acugular, colmar, encher. vp Abarrotarse, atracarse, champar, chapar, devorar, embocar, embuchar, embutir, encherse, engolear, engolipar, engulir, enviar, moufar, papar, pasar, tragar (ataqueime de comida).
avantar
vi Achancar, alancañar, alancar, azancar. vt Pasar, saltar (o corredor avantou os obstáculos que foi atopando). figAvanzar.
avantaxar
vt Adiantar, gañar, pasar, sobrepasar, superar (avantaxou ao curmán en inglés).
botar
vp vt Lanzar, proxectar, tirar. Arrebolar, chimpar, guindar (con forza). Deitar, perder, verter (líquido). Apartar, sacar (bota de aí ese neno). Expulsar (botárono do internado). Depoñer, despedir, destituír. Axotar, escorrentar. Expeler (fume, gases). Producir. Adentar, dentar, endentar, endentecer (botar os dentes). Sacar (barriga). Aplicar, colocar, poñer (botoulle un remendo ao tellado). Dar, distribuír, repartir. Achacar, apoñer, apor, atribuír, colgarcol, imputar (as culpas). Entornar, pechar (a porta, a ventá). Dar, poñer, proxectar (unha película, un programa). Estar, pasar, permanecer. Habitar, morar, residir, vivir (bota medio ano con cada fillo). Calcular, supoñer (idade, prezo). Proferir, pronunciar (cando botaba un discurso botou unha maldición). Meter, poñer, tirar. Empezar, poñerse (botaron a andar). Lograr, obter (amizades). Abullar, bullar, deitar, linxir, purgar, supurar (cura a ferida que bota moito pus). Agabear, calear, outonar, poñer, sementar. Anexar, cubrir, montar, subir (fecundar o macho á femia). vp Deitarse, tumbarse (na cama). Inclinarse, reclinarse, recostarse.
capear
vt Correr, lidar, tourear. fig Pasar, superar, vencer (capeou todas as dificultades).
coar
vt Filtrar, pasar.
comunicar
vt Avisar, informar, notificar, participar. Confiar, manifestar, revelar. Contar, difundir, transmitir. fig Apelicar, contaminar, contaxiar, infectar, pasar, pegar, propagar, transmitir. vp vt Conectar, enlazar. vp Contactar, relacionarse, tratarse. Conectar, darse, levarse.
contaxiar
vp vt Apelicar, comunicar, infectar, lacrar, pasar col, pegar col, propagar, transmitir (a profesora contaxioulles a gripe aos nenos da escola).
correr
vi vp vt Andar, camiñar, navegar, percorrer (correu os cinco continentes). Bufar, ir, soprar (corre aire esta noite). Apresurarse. Decorrer, discorrer, pasar, transcorrer. Arriscarse, expoñerse, exporse (corría gran perigo). vt Capear, lidar, tourear. Perseguir. Escorrer, desprazar (coa chuvia foron correndo as terras). Abouxar, achourilar, apupar, arrabar, ascabardar, asustar, axotar, enxotar, escaramonar, escarear, escorrentar, espantar, iscar, oxar, tornar. Expulsar, liscar, repeler (corrérono a pedradas). vp Arrubiarse, avergoñarse. Exacular, irse.
cruzar
vp vt Atravesar, pasar, vadear. Interpoñer, interpor (cruzou o coche entre a policía e os manifestantes). Unir, xuntar (cruzou a cadela co can da túa tía). Desfilar, pasar. Entrecruzar, entrelazar (o electricista cruzou todos os cables). vp Inmiscirse, interferir, interpoñerse, interporse.
champar
vt Chapar, devorar, embocar, embuchar, embutir, engolear, engolipar, engulir, enviar, moufar, pasar, tragar.
dar
vt Adxudicar, asignar, ceder, conceder, destinar, doar, entregar, legar, ofrecer, outorgar, transferir. Agasallar, obsequiar, regalar (deulle unha rosa vermella). Producir, render (esta terra dá moitos cartos). Proporcionar, subministrar (a central dá enerxía a toda a bisbarra). Dispensar, explicar, leccionar, pronunciar (unha lección). Celebrar, executar, ofrecer, presentar (ese grupo deu onte un concerto). Soar (xa deron as doce). vi Bater, golpear, impactar, pegar, petar (o coche deu contra a parede). Acertar, atinar (deu coa solución). Abrirse, orientarse (esta ventá dá ao norte). Entrar, pegar (vendo a tele dáme o sono). vp Acontecer, ocorrer, pasar, producirse, suceder (dérase alí un caso curioso). Acostumarse, afacerse (dáse ben no novo traballo). Conxeniar, levarse, simpatizar (non me dou co teu irmán). Consagrarse, entregarse (deuse sempre aos máis necesitados).
decorrer
vi Correr, discorrer, pasar, transcorrer.
desbordar
vt Exceder, pasar, rebordar, sobordar, sobrepasar, superar. vp Aledarse, alegrarse, contentarse, entusiasmarse, excederse.
desentenderse
vp Deixar, desatender, descoidar, desinteresarse, despreocuparse, inhibirse, pasarvulg, prescindir.
desenvolver
vt Desembalar, desempacar, desempapelar, desempaquetar, desenfardar, desenfardelar, desenvurullar, desforrar. Aumentar, crecer, incrementar, industrializar, inzar, expandir, propagar. Explicar, expoñer, expor. Alongar, desenrolar, estirar, prolongar. vp Conducirse, defenderse, manexarse, moverse (desenvólveste ben nesta cidade). Acontecer, localizarse, ocorrer, pasar, situarse, suceder (o filme desenvólvese no deserto). Causar, orixinar, producir, xerar. Evolucionar, pasar, progresar, transcorrer (a vida alí desenvólvese con normalidade).
desfilar
vi Atravesar, circular, cruzar, marchar, pasar. fig Irse, liscar, marchar, fuxir.
devir
vi Acontecer, ocorrer, pasar, suceder. Tornarse, transformarse. sm Futuro.
discorrer
vi Andar, avanzar, camiñar, decorrer, ir, pasar (discorren os regos val abaixo). Decorrer, desenvolverse, pasar, transcorrer (a vida nocturna discorre polas rúas deste barrio). Cavilar, discursar, matinar, pensar, razoar, reflexionar. vt Argallar, idear, inventar, maxinar.
embocar
vt Enfilar (embocou o paseo dos cóengos). Chapar, devorar, embuchar, embutir, engolear, engolipar, engulir, enviar, moufar, pasar, tragar. vi Embicar, enfilar, entrar (embocou o porto).
embuchar
vt Embutir, encher. fig Champar, chapar, devorar, embocar, embutir, engolear, engolipar, engulir, enviar, moufar, pasar, tragar.
embutir
vt Embuchar, encher. Encaixar, engastar, engulmar, empotrar, incrustar. Embuchar, engolear, moufar, devorar, engulir, champar, enviar, tragar, chapar, pasar, embocar, engolipar.
engulipar
vt Engulir, engolear, devorar, moufar, embuchar, lapar, tragar, chapar, embocar, pasar, enviar.
engulir
vt Chapar, devorar, embocar, embuchar, engolear, engulipar, enviar, lapar, moufar, pasar, tragar.
entrar
vi Acceder, internarse, introducirse, meterse, pasar, penetrar. Caber, coller, encaixar. Afiliarse, incorporarse, ingresar, integrarse, participar (entrei na sociedade). Chegar, vir (xa che entra o sono?). Comprender, entender (non me entra na cabeza). Comezar, empezar (a pi anista entrou a destempo). Entremeterse, meterse. fig Atacar. Conquistar, invadir (os españois entraron en América en 1592 ) .
enviar
vt Dirixir, mandar, expedir, remitir. Exportar. Chapar, devorar, embocar, embuchar, embutir, engolear, engolipar, engulir, moufar, pasar, tragar. fig Golsar, vomitar.
exceder
vt Pasar, sobrepasar, superar. vp fig Abundar, pasarse, sobrepasarse. Esmerarse (a nai excedeuse en atencións cos invitados). Abusar, desmandarse (Adrián excedeuse co coche).
filtrar
vt Barutar, coar, cribar, peneirar. fig Dar, pasar (o secretario filtroulle as actas á prensa). vp vt Chusmigar, destilar, exsudar, gotear, pingar, reber, zumegar.
franquear
vt Abrir, despechar, librar (franqueáronlle a entrada para que puidese entrar). Atravesar, cruzar, pasar, salvar, sobrepasar, superar (franqueou o control da policía sen que o visen). Selar, timbrar (franquea esta carta para Cabanas).
fuxir
vi Abandonar, desertar, escapar, escapulirse, evadirse, liscar, zafarse. Afastarse, arredarse, separarse (fuxiu do mundo e retirouse a un mosteiro). fig Pasar (o tempo foxe sen nos decatar).
ganar
vt Gañar, conseguir, lograr, obter, acadar, adquirir, alcanzar. Gañar, captar, convencer, seducir, conquistar. Gañar, atinguir, acadar, atinxir, alcanzar, chegar. Gañar, superar, adiantar, pasar. Gañar, merecer. Gañar, mellorar, prosperar, progresar. Gañar, cobrar, recibir, percibir.
gañar
vt Acadar, adquirir, alcanzar, conseguir, ganar, lograr, obter (gañou o posto nunha oposición). Captar, conquistar, convencer, ganar, seducir (o seu exemplo gañounos para a causa da liberdade). Acadar, alcanzar, atinguir, atinxir, chegar, ganar (gañou a meta correndo duro). Adiantar, ganar, pasar, superar (gañounos na proba de resistencia). Ganar, merecer. Ganar, mellorar, progresar, prosperar. Cobrar, ganar, percibir, recibir (gaña moitos cartos coa venda de pisos).
haber
vi Estar, existir, ser. Acaecer, acontecer, ocorrer, pasar, sobrevir, suceder. vt Ter (nesta casa hai vacas). sm Capital, diñeiro. smpl Asignación, emolumentos, honorarios, mensualidade, nómina, paga, pensión, retribución, salario, soldo, xornal.
inhibir
vt Conter, cortar, deter, paralizar, parar (medicina). vp Absterse, pasarcol, retraerse.
levar
vt Acarrexar, carretar, carrexar, traer, trasladar, transportar. Acompañar, conducir, dirixir, guiar (leva os nenos á escola a diario). Conducir, gobernar, guiar, manexar, pilotar, tripular (leva ben o coche). Calzar, gastar, lucir, poñer, pór, usar, utilizar, vestir. Conseguir, gañar, lograr, merecer (o Cunde leva todos os premios). Arrebatar, furtar, guisparcol, quitar, roubar, sacar, subtraer. fig Aguantar, aturar, padecer, soportar, sufrir, tolerar (leva os traballos con paciencia). Apañar, chuparcol, cobrarcol, recibir (vas levar una mocada que te acordas). Arrincar, cortar, seccionar, separar (a máquina houbo de levarlle a man). Botar, pasar, transcorrer (leva tempo sen vir aquí). Ter (levas cartos?). Empregar, usar (levoume media hora chegar). Cobrar (o fontanero levoume mil pesos polo arranxo da cociña). Arrasar, destruír (o vento levou as tendas de campaña). Arrastrar, matar (o coche levou a moto por diante). vp Entenderse, quererse, tratarse. Estilarse, usarse, utilizarse.
mediar
vi Arbitrar, intermediar, intervir, terzar. vt fig Pasar, transcorrer (entre aquela visita e a túa mediou tempo).
montar
vi Subir. Empoleirarse, empolicarse, encaramarse. Importar, sumar, valer (diñeiro). vt Levantar. Armar (montou a escopeta para ir cazar). Engarzar, engastar. Cabalgar. Aboiar, acastroar, almallar, amaroar, anexar, atourear, botar, cabalear, cubrir, encabalgar, galar, galear, servir, traballar. Establecer, instalar (negocio). Dobrar, pasar.
ocorrer
vi Acaecer, acontecer, cadrar, pasar, producirse, sobrevir, suceder (a traxedia ocorreu de sútaque).
omitir
vt Deixar, pasar, saltar (omite iso no teu informe porque non ten importancia). Eliminar, excluír, ignorar, preterir, silenciar, suprimir (deliberadamente).
padecer
vt Aguantar, aturar, pasar, soportar, sufrir, tolerar. vi Penar, sufrir.
pasadeiro
adx Pasable, aceptable, admisible, tolerable. sf Pasadoiro, pasal, pasar, paso, peal, pear, poldra.
[...]
O resultado da consulta inclúe máis de 50 entradas. Tente refinar a súa procura.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.