logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


abarbar
vt Barbear. vi Barbar, barbear (florecer o millo). Empozar, plantar (abarbei dúas ramas de vide na terra para que prendan).
chantar
vt Afincar, cravar, espetar, fincar, introducir, meter, plantar, poñer, pór. Acoutar, choer, cercar, cerrar, valar (con chantas). Botar, despedir, expeler, expulsar, plantar. Abocar, adentar, afincar, chanchar, chapar, dentar, ferrar, fincar, morder, retrizar, trabar, trincar, triscar. Achantar, calar, recuar. vp fig Permanecer, plantarse (chantouse diante miña e non se moveu).
choupar
vi Batuxar, chapinar, chapozar, chapugar, chapuzar, choupiñar, escaralofar, lapuzar, larpucear, salferir, salpicar. Choutar, saltar, chimpar, galgar, brincar, pinchar, choupiñar. Plantar.
fincar
vp vt Cravar, chantar, espetar, incrustar, introducir, meter. Afincar, asegurar, asentar, plantar. Empurrar, empuxar, puxar. vp Persistir, teimar (finqueime no dito porque non me convenceron).
plantar
vt Botar, poñer, pór, sementar. Chantar, cravar, espetar, fincar. fig Afirmar, amarrar, apoiar, asegurar, asentar, colocar. Abandonar, deixar (obrigas). vp Deterse, pararse. Aparecer, chegar, presentarse (plantouse alí sen avisar).
repoboar
vt Plantar, reforestar.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.