logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


area
sf Gran (bótalle unha area de sal ao caldo). fig Areal, arnela, praia, razo, areeira. Arena, escenario, palestra.
areal
sm Area, areeira, arnela, praia, razo. Areallo.
arnela
sf Praia. Arnelo, cacheno, cepo, raigaña, raigaño (dun dente). Arna, carapola, cacha, cachal, caropa (do piñeiro), cortiza (da sobreira), codia, casca, marnela, rouña (do piñeiro), pariza (do castiñeiro).
beira
sf Borda, bordo, canto, estrema, linde, marxe, orela, orla, ourela. Ala, banda, costado, flanco, lado, lateral. Beiramar, ribeira, praia, costa, mariña, litoral. Beirado, ala, faldra, beiril, pingueira, sopena, aba, sobrepena, beiral, cornixa.
beiramar
sf Beira, costa, litoral, mariña, praia, ribeira.
praia
sf Areal, area, areeira, razo.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.