logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


acontecer
vi Acaecer, cadrar, ocorrer, pasar, producirse, sobrevir, suceder (os feitos acaeceron sen percatérmonos).
armar
vi vp vt Equipar (de armas). Ensamblar, instalar, montar, preparar. fig Argallar, formar, montar, organizar, producir. vp Abastecerse, equiparse, proverse. Organizarse, producirse, provocarse (armouse unha boa!).
dar
vt Adxudicar, asignar, ceder, conceder, destinar, doar, entregar, legar, ofrecer, outorgar, transferir. Agasallar, obsequiar, regalar (deulle unha rosa vermella). Producir, render (esta terra dá moitos cartos). Proporcionar, subministrar (a central dá enerxía a toda a bisbarra). Dispensar, explicar, leccionar, pronunciar (unha lección). Celebrar, executar, ofrecer, presentar (ese grupo deu onte un concerto). Soar (xa deron as doce). vi Bater, golpear, impactar, pegar, petar (o coche deu contra a parede). Acertar, atinar (deu coa solución). Abrirse, orientarse (esta ventá dá ao norte). Entrar, pegar (vendo a tele dáme o sono). vp Acontecer, ocorrer, pasar, producirse, suceder (dérase alí un caso curioso). Acostumarse, afacerse (dáse ben no novo traballo). Conxeniar, levarse, simpatizar (non me dou co teu irmán). Consagrarse, entregarse (deuse sempre aos máis necesitados).
ocorrer
vi Acaecer, acontecer, cadrar, pasar, producirse, sobrevir, suceder (a traxedia ocorreu de sútaque).
organizar
vt Dispor, ordenar. Artellar, articular, vertebrar. Aparellar, argallar, armar, preparar. vp vt Amañar, arranxar, compoñer, compor, dispor, preparar. vp Armarse, montarse, producirse, provocarse.
resultar
vi Deducirse, inferirse, nacer, orixinarse, provir, saír. Ocorrer, producirse. Aparecer, manifestarse. Funcionar.
suceder
vi Acaecer, acontecer, cadrar, ocorrer, pasar, producirse, sobrevir, vir. vt Herdar, prolongar, proseguir, relevar, seguir, substituír, suplantar.
verificar
vt Comprobar, confirmar, probar. vp vt Efectuar, realizar. vp Cumprirse, producirse, realizarse.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.