logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


débeda
sf Débito. Compromiso, deber, débito, obriga, obrigación, promesa (teño unha débeda que cumprir con miña irmá). fig Culpa, ofensa, pecado (Lucía ten débedas que pagar).
exvoto
sm Ofrenda, promesa, voto.
oferta
sf Ofrecemento, promesa. Proposición, proposta. Dádiva, don, donativo, ofrenda, regalo.
ofrecemento
sm Oferta, proposición, proposta. Promesa, voto, xuramento.
ofrenda
sf Dádiva, don, donativo, oferta. Ofrecemento, promesa.
palabra
sf Termo, vocábulo, voz. Fala (despois da enfermidade perdeu a palabra). Facundia, labia, laracha, leria, locuacidade, verba (esa muller é de moita palabra). fig Promesa, voto, xuramento. Formalidade, honradez, integridade, probidade, seriedade. Quenda, vez.
promesa
sf Compromiso, voto, xuramento. fig Esperanza.
promisión
sf Promesa.
voto
sm Votación, elección, plebiscito, sufraxio. Ditame, parecer, voz. Ofrenda, promesa, xuramento. Exvoto, ofrenda.
xura
sf Promesa, xuramento.
xuramento
sm Blasfemia, maldición. Xura, promesa.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.