logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


borrador
sm Anteproxecto, bosquexo, esbozo, esquema, proxecto. Gamuza, trapo.
bosquexo
sm Debuxo, deseño. Borrador, proxecto, anteproxecto, esquema, esbozo.
cálculo
sm Cómputo. Proxecto. Avaliación, estimación. Pedra (nos riles). Conta, número. Estimación, hipótese, previsión, prognóstico, suposición.
deseño
sm Apuntamento, bosquexo, debuxo, esbozo, risco, trazo. Idea, plano, programa, proxecto.
designio
sm Idea, intención, intento, pensamento, plan, propósito, proxecto. smpl Destino, fin.
empresa
sf Casa, compañía, firma, negocio, sociedade. Iniciativa, labor, proxecto, tarefa, traballo.
ensaio
sm Experimento, intento, proba, tentativa. Artigo, estudo, tese. Esbozo, proxecto. Adestramento, práctica.
esbozo
sm Boceto, bosquexo, deseño. Apuntamento, esquema, resumo. fig Proxecto.
estudo
sm Aprendizaxe, instrución. Análise, esbozo, investigación, proxecto. Ensaio, monografía, publicación, tese, traballo. Departamento, gabinete, taller. Apartamento. fig Experiencia, práctica. Habelencia, habilidade, picardía.
idea
sf Ocorrencia, pensamento. Intención, propósito. Imaxe, noción, representación (esa pintura dános a idea do ceo que ten o autor). Deseño, esbozo, plano, programa, proxecto. Crenza, opinión (eu son da idea de buscar axudas de fóra). Concepto, pensamento, razoamento, xuízo. Habelencia, habilidade, maña, talento, xeito. Animadversión, empincha, manía, teima, tirria, zuna. sfpl Ideario.
iniciativa
sf Anticipación, dianteira (tomou a iniciativa e dirixiu a discusión). Idea, proposta, proxecto.
intención
sf Determinación, fin, idea, mira, obxectivo, propósito, proxecto, vontade.
intento
sm Empeño, intención, pretensión, propósito, proxecto. Conato, tentativa.
pensamento
sm Discernimento, razoamento. Consideración, imaxinación. Consideración, cavilación, crenza, opinión, suposición, xuízo. Cabeza, caletre, intelecto, entendemento, mente, sentido, xuízo. Crenzas, filosofía, ideario, ideoloxía. Idea, intención, plano, propósito, proxecto. Apotegma, dito, máxima, sentenza. Viola tricolorFlor seráfica, herba da trindade, herba trinitaria, trinitaria.
plano
adx Achaiado, chairo, chan, liso. sm Carta, mapa. Deseño, esquema, planta, proxecto, trazado. fig Idea, pensamento, programa, proxecto.
proposta
sf Proposición. Programa, proxecto. Moción.
proxecto
sm Designio, idea, plano. Bosquexo, esbozo, esquema.
soño
sm Fantasía, ideal, ilusión, imaxinación, utopía. fig Esperanza, proxecto.
traza
sf Caruncho, couza, puvela, rela, trilla. Plano, proxecto, trazado. Aparencia, aspecto, cara, cariz, fasquía, figura, pinta. sfpl Habelencia, habilidade, maña, xeito (a nena tenche boas trazas).
trazado
adx Conformado. sm Debuxo, plano, proxecto. Percorrido, traxectoria (dunha vía).

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.