logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


acedo
adx Acerbo, ácido, acre, agre, desabrido. Amargo, desagradable. Avinagrado, balorecido, fermentado. Callado, coallado, picado, preso, represo, tomado, tourondo, trallado, tramado (o leite). fig Cáustico, corrosivo, cru, esgueiro, ferinte, mordaz, ofensivo, punxente, punzante, sedizo.
acre
adx Acedo, ácido, agre, desabrido. fig Acerbo, cáustico, corrosivo, cru, esgueiro, ferinte, mordaz, ofensivo, punxente, punzante, seco, sedizo.
afiado
adx Cortante, fino, punzante. Aguzado, puntiagudo. fig Aceirado, agresivo, cáustico, corrosivo, mordaz.
agre
adx Acedo, ácido. Agraz, amargo, cebro, desabrido. fig Aceirado, acerbo, cáustico, corrosivo, cru, esgueiro, ferinte, mordaz, punzante, sedizo.
agudo
adx Afiado, aguzado, punzante. Intenso, vivo (as cores desa tea son ben agudas). Afrautado, alto, chillón, elevado, forte (o son). Oxítono. fig Arguto, espelido, cuco, guichocol, intelixente, listo, perspicaz, sagaz, sutil, vivo. Enxeñoso, gracioso, ocorrente, pavero.
espiñento
adx Espiñoso, punzante. fig Arduo, comprometido, delicado, escabroso, penoso (iso é unha cuestión espiñenta).
espiñoso
adx Espiñento, punzante.
incisivo
adx Afiado, agudo, cortante, punzante, tallante. Dente da fronte, dente dianteiro, dente do lume. fig Aceirado, burlón, cáustico, corrosivo, ferinte, mordaz, sarcástico, satírico.
mordaz
adx Acedo, aceirado, acre, incisivo, maldicente. Irónico, sarcástico, sardónico, satírico. Cáustico, corrosivo, cru, esgueiro, ferinte, ofensivo, punxente, punzante, sedizo.
punzante
adx Punxente. Cáustico, corrosivo, cru, esgueiro, ferinte, mordaz, ofensivo, punxente, sedizo.
virulento
adx Maligno, pezoñento, velenoso (a causa dun virus). Aborrecido, collido, infectado, purulento (con pus). fig Agresivo, mordaz, punzante.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.