logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


agradecemento
sm Gratitude, recoñecemento. fig Recompensa (en agradecemento polo que fixo levou un premio).
coroa
sf Aro, auréola, circo, círculo, halo. Cocote, couquizo, cucota, curupela, curupete, curuto, tonsura, toutizo (antes os curas tiñan a curupela rapada). Galardón, grilanda, lauréola, loureiro, premio, recompensa, recoñecemento. Cetro, monarquía, reino. Alto, bicarelo, cabezo, carriñouzo, cimeira, cima, cimo, cota, cotela, coto, crista, cume, cumeiro, cumial, cumio, curota, curuto, petouto, pico, picoto, picouto, píncaro, proída. Funda (odontoloxía). Corocha, croa (talo do millo por riba da espiga).
galardón
sm Distinción, homenaxe, honra. Premio, recompensa.
gratificación
sf Asignación, paga, pensión, propina, recompensa, remuneración, renda, retribución, subsidio, subvención. Galardón, premio, recompensa.
indemnización
sf Compensación, recompensa, reparación, resarcimento, restitución.
mercé
sf Don, favor, graza, premio, recompensa. Benevolencia, misericordia.
premio
sm Galardón, gratificación, paga, pagamento, recompensa, remuneración.
propina
sf Gratificación, recompensa.
recompensa
sf Compensación, indemnización, reparación, resarcimento. Pagamento, remuneración, retribución. Galardón, gratificación, premio.
remuneración
sf Haberes, nómina, paga, retribución, salario, soldo, xornal. fig Galardón, gratificación, premio, recompensa.
retribución
sf Haberes, honorarios, paga, salario, soldo. Compensación, gratificación, paga, premio, recompensa.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.