logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


cromar
vt Bañar, niquelar, recubrir.
cubrir
vt Tapar. Colmar, lousar, teitar, tellar. Abrigar, amparar, defender, protexer. Acochar, acoxar, acubillar, acubrir, agochar, sorrellar (ao cubrir o esterco con terra podrece e fertiliza). Forrar, recubrir. Aboiar, almallar, asistir, atourear, correr, montar, servir, subir, tomar, traballar (o boi); acabalar, cabalear (o cabalo); acastroar, amaroar (o carneiro); castizar (o porco). vp vt Abrigar, arroupar, enfundar, protexer, tapar. vp Anubrarse, cerrarse, empardecer, escurecer, fecharse, pecharse, taparse, toldarse.
empastar
vt Encher, recubrir. Forrar, revestir (empastei o libro que me prestaron).
lousar
vt Cubrir, recubrir, tapar, teitar, tellar.
niquelar
vt Bañar, cromar, recubrir.
recebar
vt Gornecer, lucir, recubrir, revestir, revocar.
recubrir
vt Lucir, recebar, revestir, revocar (superficies).
revocar
vt Gornecer, lucir, recebar, recubrir, revestir.
superpoñer
vt Cubrir, montar, recubrir, sobrepoñer, sobrepor, superpor, tapar. Antepoñer, antepor, engadir, incorporar, intercalar.
superpor
vt Superpoñer, recubrir, sobrepor, tapar, montar, sobrepoñer, cubrir.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.