logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


acordar
vt Convir, decidir, determinar, resolver. Afinar (acordou as voces). vi Cadrar, casar, combinar, concertar, conxuntarse, harmonizar, sintonizar. Espertar, recordar. vp Decatarse, lembrarse, recordar, rememorar (a miña avoa acórdase de cando tiña seis anos).
conmemorar
vt Lembrar, recordar, rememorar. Celebrar, festexar.
evocar
vt Apelar, apostrofar, invocar. Lembrar, recordar, rememorar.
lembrar
vp vt Acordar, recordar (lembro o vestido que levaba na confirmación). Conmemorar, rememorar.
recapitular
vt Lembrar, recordar, rememorar. Compendiar, resumir, sintetizar.
recordar
vt Lembrar, relembrar, rememorar. Evocar, rememorar. Celebrar, conmemorar, festexar. vi Imitar, parecerse, semellar. vp Acordarse, lembrarse.
relembrar
vt Acordar, lembrar, rememorar.
rememorar
vt Acordar, lembrar, relembrar.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.