logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


abdicar
vi vt Ceder, renunciar. fig Abandonar, deixar (co tempo o Pepe abdicou do seu marxismo).
deixar
vt Ceder, dar, entregar. Legar, mandar (meu avó deixoume unha leira). Soltar (deixa ese xoguete que non é teu). Colocar, emprazar, poñer, pór, situar (déixao encol do andel). Ceder, confiar, emprestar, encomendar, entregar, prestar (déixocho pero con volta). Consentir, permitir (non deixes que cha ferre). Causar, orixinar, producir (deixoume unha grata impresión). Esquecer (deixouno na casa do pai). Abandonar, dimitir, renunciar (axiña deixou o cargo). Adiar, aprazar, atrasar, delongar, pospoñer, pospor (deixou a viaxe para mellor ocasión). vp Abandallarse, abandonarse, descoidarse, desleixarse. Romper (deixáronse ao pouco de comezar a saír).
desistir
vi Abandonar, abdicar, ceder, cesar, claudicar, renunciar.
desprender
vt Ceibar, desamarrar, desatar, destrabar, soltar. Botar, despedir, emanar, emitir (a celulosa desprende un cheiro insorportable). Desapegar, desligar, despegar. vp Prescindir, renunciar (despréndete dos bens materiais). fig Deducirse, inducirse, inferirse, tirar (do que dis despréndese que non o vas facer).
dimitir
vi Abandonar, abdicar, cesar, renunciar, retirarse (dimitiu debido aos escándalos financeiros).
renunciar
vi Abandonar, abdicar, cesar, claudicar, dimitir.
resignar
vt Ceder, renunciar. vp Achantar, adaptarse, apandar, conformarse, contentarse, pandar.
sacrificar
vp vt Inmolar, matar. vp fig Padecer, privarse, renunciar, resignarse, sufrir.
sucumbir
vi Abandonar, ceder, desistir, entregarse, renderse, renunciar, someterse. Afundirse, caer, derrubarse. fig Desaparecer, expirar, extinguirse, fenecer, morrer, palmarcol, perecer.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.