logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


acougado
adx Pousado, repousado, sosegado, tranquilo.
andante
adx Lento, repousado (tempo musical). sm Angarela, asnelo (colga a gramalleira no andante).
descansado
adx Apracible, calmo, cómodo, confortable, levadeiro, repousado, sosegado, tranquilo (topei un traballo moi descansado). Lento, pausado, vagaroso. fig Abandonado, deixado, descoidado, despreocupado, neglixente (vano botar do choio porque é descansado de máis).
desembarazado
adx Ceibo, desatado, desamarrado, desencadeado, desobstruído, despexado, expedito, libre, solto. Activo, áxil, descansado, desenfadado, desenvolto, desocupado, despexado, disposto, preparado, pronto, repousado.
manseliño
adx Manso, mastín (animais), mañigón, maino, dócil, mainiño, manselo. Manso, mesurado, pousado, repousado, dado, pacífico, apracible, sosegado, tratable, paciente, quedo, sereno, tranquilo, calmo. Manso, dado, disciplinado, submiso (carácter), guieiro, obediente, guiado, dócil. Lento, pousado, repousado.
manso
adx Dócil, maino, mainiño, manseliño, manselo, mañigón, mastín (animais). fig Apracible, calmo, dado, manseliño, mesurado, paciente, pacífico, pousado, quedo, repousado, sereno, sosegado, tranquilo, tratable. Dado, dócil, disciplinado, guiado, guieiro, obediente, manseliño, submiso (carácter).
plácido
adx Agradable, apracible, grato, pracenteiro. fig Manso, pacífico, quieto, repousado, sereno, sosegado, tranquilo.
repousado
adx Acougado, calmo, mesurado, pousado, quedo, quieto, sosegado, tranquilo, xangal. Manso, pacífico. Descansado.
sosegado
adx Acalmado, acougado, aquelado, cachacento, cachazudo, calmo, calmoso, calmudo, maino, pachorrento, pausado, pousafoles, pousón, repousado, tranquilo. Apracible, axuizado, pacífico, prácido, sereno, serio.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.