logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


acordar
vt Convir, decidir, determinar, resolver. Afinar (acordou as voces). vi Cadrar, casar, combinar, concertar, conxuntarse, harmonizar, sintonizar. Espertar, recordar. vp Decatarse, lembrarse, recordar, rememorar (a miña avoa acórdase de cando tiña seis anos).
achanzar
vt Achaiar, arrasar, aterraplanar, rasar, explanar, aplanar, achairar, alisar, atreitar, achandar. fig Arranxar, resolver, solucionar (achanzou o problema ao dar por concluída a sesión). Derribar, forzar (a policía achanzou a porta).
arranxar
vt Amañar, compoñer, compor, reparar, repasar. Amañar, arrombar, ordenar (as cousas). Aderezar, compoñer, compor, enfeitar (as persoas). Amañar, resolver, solucionar. vp Administrarse, amañarse, apañarse, axeitarse, desenvolverse, gobernarse, manexarse. Acordar, avirse.
concertar
vt Acordar, conciliar, conxuntar, coordenar, harmonizar. Acordar, combinar, concordar, convir, determinar, pactar, resolver (concertaron ir todos xuntos á manifestación). Avinzar, axustar (concertou co construtor as condicións de compra). vi Coincidir, concordar. vp Amañarse, arranxarse, avirse, conciliarse.
corrixir
vt Desdecer, desdicir, emendar, modificar, rectificar, reformar, retocar, solventar, resolver, arranxar. Amoestar, castigar, punir, reñer, reprender, rifar.
decidir
vt Acordar, determinar (decidiron comprar o coche). Decretar, determinar, ditaminar, ordenar, sentenciar (decidiu o ingreso en prisión). Dirimir, resolver, solucionar (hai que decidir este asunto axiña). vp Decantarse, elixir, escoller, inclinarse, optar (decidiuse pola saia azul). Animarse, arriscarse, atreverse, determinarse, encoraxarse, lanzarse, ousar (decidiuse a entrar na cova).
decretar
vt Decidir, determinar, dispoñer, dispor, establecer, mandar, ordenar, resolver, sentenciar.
desenguedellar
vt Descrenchar, desembeleñar, desenguizar, desenlear, desencerellar, desensarillar, desenlizar, desennobelar, desenmarañar, desenredar, desenliar. fig Aclarar, descifrar, desenlazar, clarexar, esclarecer, resolver, solucionar (quero que mo desenguedelle o mestre).
desenlazar
vt Ceibar, desagulletar, desamalloar, desamarrar, desenliar, desenredar, desensarillar, desligar, liberar, librar, soltar. fig Aclarar, clarexar, descifrar, desenguedellar, esclarecer, resolver, solucionar.
desenmarañar
vt Desembeleñar, desennobelar, desenguedellar, desenredar, desenliar, desenlear, desenvurullar, desenguizar, desenlizar, desencerellar, desensarillar. fig Aclarar, clarexar, descifrar, desenguedellar, esclarecer, resolver, solucionar.
desensarillar
vt Desembeleñar, desencerellar, desenguedellar, desenguizar, desenlear, desenliar, desenlizar, desenmarañar, desennobelar, desenredar, desenvurullar. fig Aclarar, clarexar, descifrar, resolver, solucionar.
desentrañar
vt Aclarar, clarexar, clarificar, descifrar, descubrir, desenturbar, desvelar, resolver, solucionar. Achar, atopar, descubrir, desenterrar, topar.
desenturbar
vt Desentrañar, desvelar, solucionar, descubrir, clarificar, resolver, aclarar, descifrar, clarexar.
desintrincar
vt Desenguedellar, desenmarañar, desenlear, desenredar, desensarillar. Aclarar, esclarecer, explicar, resolver (por fin desintrincamos o asunto).
desliar
vt Desamarrar, desanoar, desanocegar, desatar, desenlear, desenlizar, desenredar. fig Aclarar, esclarecer, resolver.
despachar
vt Botar, despedir, expulsar, largar, liscar. Expedir, vender. Resolver. Acabar, aviar, bulir. Entrevistarse, reunirse, tratar (o presidente galego despachou hoxe co chanceler alemán).
determinar
vt Definir, delimitar, dispoñer, dispor, fixar, marcar, precisar. Decretar, establecer, mandar, ordenar. Decidir, resolver (Xián determinou o reparto da herdanza). Causar, motivar, mover, ocasionar. Distinguir, especificar.
dirimir
vt Anular, desfacer, disolver, interromper, romper (ámbalas partes acordaron dirimir o contrato). Decidir, resolver (o xuíz dirimiu o preito en favor do acusado).
dispoñer
vt Acomodar, amañar, arranxar, colocar, compoñer, compor, dispor, gobernar, organizar, preparar, programar (dispuxo todos os aparellos para comezar a traballar). Acordar, decidir, resolver (dispuxo ir á feira). Mandar, ordenar (o capitán dispuxo o asalto do castelo). Determinar, establecer, prescribir (o decreto dispón as ordenanzas municipais).
expedir
vt Enviar, mandar, remitir. Resolver, tramitar. Elaborar, emitir, estender, evacuar (un documento).
propoñer
vt Expoñer, expresar, propor, recomendar. Presentar, propor. vp Decidir, determinar, proporse, resolver (propúxenme traballar arreo).
quedar
vi Ficar, permanecer, subsistir. Faltar (queda áinda moito por facer). Acaer, prestar, sentar (quedache ben a saia). Citarse, reunirse. Caer, estar, localizarse, situarse (Novgorod queda por Rusia). Acordar, convir, decidir, dispoñer, resolver. Gardar (quedou con todo). Atoparse, distar, estar (queda á carreiriña dun can). Apandar, apouchar, pandar. Agardar, esperar. Sobrar (quedou algo da comida de onte). vp Cumprir, empor, espichar, expirar, falecer, fenecer, ficar, finar, findar, irse, morrer (quedouse sen dar un chío). Amainar, calmarse (o tempo quedouse e puidemos saír).
querer
vt Amar. Ansiar, arelar, degorar, desexar. Pedir, solicitar, requirir. Cumprir, necesitar, precisar (esa planta quere auga). Propoñerse, proporse, resolver, teimar (quixo estudar e estudou). Pretender, procurar, tencionar, tentar (quere facelo ben pero non pode). sm Amor, cariño.
quitar
vt Apartar, afastar, arredar, retirar, sacar, tirar (quita iso de aí que apenetra). Extraer, sacar, tirar (quitoulle todo o zume á laranxa). Coller, furtar, levar, roubar (quitáronme todo o que aforrara). Descontar, restar. Estorbar, impedir (o traballo quítame de estar coa familia). Prohibir, vedar (o médico quitoume do tabaco). Trasfegar (quitaron o viño polo Nadal). Resolver, solucionar (quitou todo en pouco tempo). vi Lanzar, sacar, tirar (o tenista galego quitou primeiro). vp Apartarse, arredarse, separarse. Abandonar, deixar, sacarse (quitouse de fumar despois da operación).
resolver
vt Acordar, concertar, convir. Decidir, determinar. Quitar, solucionar, solventar.
sacar
vt Arrincar, desenterrar, extraer (imos sacar as patacas). Quitar, tirar (sacou a man do peto). Afastar, apartar, arredar, retirar, separar (saca iso da miña presenza). Botar (sacou a man pola xanela). Conseguir, gañar, obter (este saca proveito de canto fai). Achar, aprender, atopar (de aí non has sacar nada). Resolver, solucionar (ti sacas os problemas a correr). Colixir, coñecer, deducir, descubrir, inferir (sácase polos seus costumes). Asemellar, imitar (sacou o nariz do pai). fig Amosar, ensinar, manifestar, mostrar (nisto, sacou o xenio). Facer (sácalle unha fotografía). Empezar, iniciar (sacas ti que dei eu). Adiantar, avantaxar (ti sácasme dous anos). Editar, publicar (xa sacou dez libros). Coller (sácasme ti as entradas?). Exceptuar, excluír (tes que sacalo a el da lista).
satisfacer
vt Aboar, cancelar, indemnizar, liquidar, pagar, saldar. Premiar, recompensar, retribuír. Resolver, solucionar. Fartar, saciar, saturar. Agradar, alegrar, deleitar, compracer, contentar. vp Alegrarse, compracerse, contentarse, deleitarse. Desquitarse, vingarse.
sentenciar
vi vt Condenar, ditar, resolver. Condenar. Decidir, destinar (con iso sentencias a túa vida).
solucionar
vt Amañar, arranxar, remediar, resolver, salvar.
vadear
vt Atravesar, cruzar, pasar (a pé). fig Resolver, salvar, superar, vencer.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.