logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


boca
sf Bico, fociño. Palerma, panoia, peteiro, pico. Aberta, abertura, buraco, burato, van. Embocadura, entrada (o barco embarrancou na boca da ría). Copa, ventosa (dos polbos). Capadoira, coca, pinza, tenaces (a pata grande dos crustáceos). Desembocadura, foz. fig Celme, gusto, sabor (ese viño ten boa boca).
embocadura
sf Boca (dun instrumento musical). Bocado, bocal, mordedeira, picadeiro (freo para guiar o cabalo). Boca, foz (dun río). Entrada (está na embocadura da rúa). Celme, gusto, resaibo, saibo, sabor (dos viños).
gosto
sm Buqué, celme, gusto, padal, regusto, sabor. Agrado, deleite, delicia, gusto, pracer, satisfacción. Estilo, gusto. Afección, gana, gusto, inclinación, vontade.
gusto
sm Buqué, celme, gosto, padal, regusto, sabor. Agrado, deleite, delicia, gosto, pracer, satisfacción (a Pili fágolle con gusto calquera favor). Estilo, gosto. Afección, gana, gosto, inclinación, vontade.
padal
sm Bóveda da boca, ceo da boca, lume da boca, teito da boca. Celme, gusto, buqué, regusto, sabor, saibo (o viño deste ano ten bo padal).
sabor
sm Celme, gusto, padal. fig Carácter, estilo, índole, xénero (velaí un conto de sabor picante). fig Sensación (as liortas déixanme un sabor acedo).
sazón
sf Engraecemento, madurez, madureza, maturidadecult, punto. Circunstancia, conxuntura, ocasión, oportunidade, tempo. Gusto, sabor.
substancia
sf Entidade, esencia, fundamento, natureza, ser. Gusto, sabor. fig Importancia, transcendencia, valor.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.