logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


asento
sm Asentadoiro, banco. Emprazamento, lugar, situación. Anotación, rexistro (bancario). Fundaxe, pouso, sedimento (dun líquido). Base, estabilidade, permanencia. fig Calma, sosego, tranquilidade. Asentamento, emprazamento. Artemisia absinthiumAbsintio, asente, herba de nosa Señora, herba lombrigueira, herba madroa.
borra
sf Madre, depósito, fundaxe, pouso, sedimento. Borro, tinta (dos cefalópodos). Feces, meconio (do bebé). Lanuxe, lea, peluxe, tomento. Borralla, borrallo, cinsa, cinza. Charrizo, feluxe, sarrio. Fachenda, orgullo, ostentación, vaidade.
depósito
sm Colocación, entrega. Imposición, investimento. Pouso, sedimento. Adianto, fianza (antes de entrar na casa hai que entregar un depósito). Adega, almacén, arsenal. Alxibe, cisterna, tanque.
estrato
sm Camada, categoría, clase, escala, estamento, nivel, rango (a burguesía é un estrato social). Capa, sedimento, plano.
fondón
sm Borra, bullo, depósito, lía, pouso, sedimento.
fundaxe
sf Borra, depósito, pouso, sedimento.
pouso
sm Borra, madre. Fundaxe, depósito, sedimento. Pousadoiro, poio.
sedimento
sm Borra, depósito, fundaxe, madre, pouso, precipitado. fig Marca, pegada, sinal (quedou nela un sedimento de tristura).
tártaro
sm Inferno, averno, báratro. Borra, morca, feces, pouso, sarrio, sedimento (hai que limpar a cuba, que ten tártaro).

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.