logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


acepción
sf Senso, sentido, significado.
contido
adx Incluído. Coutado, moderado, refreado, reprimido. sm Asunto, fondo, significado, tema.
definición
sf Descrición, enunciación, explicación, exposición, paráfrase. Significado. Resolución (esta lente ten pouca definición).
espírito
sm Alma, ánima. Alento, ánimo, brío, enerxía, forza. Aparecido, ánima, estádea, pantasma. Carácter, esencia, sentido, significado (o espírito da obra é abondo evidente). Agudeza, enxeño, disposición. Orientación, sentido, tendencia (o espírito hoxe imperante pasa pola publicidade).
sentido
adx Sensible, apaixonado, emotivo, sensitivo, afectivo. Sensible, lamentable, doloroso. Afectado, doído, resentido. sm Significado. Dirección, orientación, tendencia. Sensatez, tino, xuízo, cordura, cabezafig, prudencia, siso, discreción, senso. Entendemento, razón. Motivo, razón, xustificación (o sentido da súa visita fáiseme estraño). Interpretación.
significación
sf Significado, sentido. Importancia, notoriedade, relevancia, relevo.
significado
sm Sentido, significación.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.