logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


baballa
sf Baba, escumallo, espumallo, chuspe, cuspe, cuspia, babuxa, saliva. Baba, espuma (animais e plantas), escuma. sfpl Restos, sobras.
bazofia
sf Desperdicios, lixo, sobras. Inmundicia, lixo, porcallada. Caldoallada, galdrexada, galdrumada, gallofa.
desperdicio
sm Ciscallo, lavaduras, reboutallo, refugallo, refugo, residuo, resquicio, restos, restroballo, sobras. Desproveito, disipación, estrago (o que fas cos cartos é un desperdicio).
despoxo
sm Espolio, furto, roubo, saqueo. smpl Refugallo, restroballo, restos, sobras (cando chegamos só quedaban os despoxos do banquete). fig Cadáver.
inzo
sm Residuos, restos, sobrantes, sobras. Fillo, gromo, rebento, renovo. Gra, graíña, gran (semente de cereais), nabiña, semente. Aniñadoiro, aniñador, endego, endez, iniñocol, nidal, niñador, niñeiro. Esperma, seme. Invasión, propagación, reprodución. Brío, empuxe, medra (das plantas).
reboutallo
sm Barufallada, ciscadoiro, desperdicios, faragullos, picaño, refugallo, refugo, restos, sobras, varreduras.
refugallo
sm Barufallada, ciscadoiro, desperdicio, faragullos, inzo, refugo, resto, sobras, varreduras (fixeches mal ao recoller o refugallo da larada).
resto
sm Diferenza. smpl Sobras (cos restos do cocido fixemos canelóns). Barufallada, desperdicios, faragullas, picaño, refugallo, refugo, restroballo, varreduras.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.