logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


bretemoso
adx Babuxento, borralleiro, borrallento, brumoso, cincento, embazado, neboento, sombrío, sombrizo.
entoucado
adx Negro, escurecido, escuro, pecho, sombrío, sombrizo.
negro
adx Anegrado, moreno, mouro. Entoucado, escurecido, escuro, pecho, sombrío, sombrizo. fig Lúgubre, tenebroso, tétrico, triste. Adverso, atroz, desgraciado, funesto, horrible, infausto, penoso. Maldito, réprobo. sf Fada, fatalidade (hoxe teño a negra, batín co coche e logo rompe o cristal).
sombreado
adx Asombrado, sombrío, sombrizo.
sombrío
adx Avesedo, avesío, sombrizo. Escuro, fusco, lóbrego, tebroso, toldado. fig Fúnebre, mouco, sepulcral, tétrico, triste.
sombrizo
adx Sombrío, avesedo, avesío.
tebroso
adx Avesío, escuro, sombrío, sombrizo, tenebroso.
tenebroso
adx Escuro, negro, sombrío, sombrizo, tebroso, tétrico. Difícil, misterioso.
tétrico
adx Escuro, lóbrego, lúgubre, sombrío, sombrizo, tenebroso, truculento. Deprimente, horrible, medoñento, medorento, sinistro. Fúnebre. Macabro.
triste
adx Apenado, deprimido, melancólico, mouco, tristeiro, tristoño. Escuro, lúgubre, sombrío, sombrizo (é un lugar triste sen luz). Anoxoso, deplorable, infeliz, lamentable, penoso (pasei un día ben triste). Humilde, insignificante, miserable, mísero (é un triste funcionario de prisións).
umbrío
adx Sombrizo, sombrío.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.