logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


celme
sm Esencia, substancia. Gusto, substancia. fig Agrado, atractivo, encanto, engado, feitizo, graza, sedución (esa nena ten moito celme).
compoñente
adx Constituínte, constitutivo, formante, integrante. sm Elemento, parte, peza. Ingrediente, substancia.
chorume
sm Mollo, prebe, salsa. Substancia, zume.
entrañas
sfpl A legrías, asaduras, bailantes, bochada, boches, bofes, bucho, coradas, larofo, liviáns, merexo, miudanzas, miúdos, sangradoiras, sangumiños, vísceras. Cerna, esencia, interior, miolo, substancia. Profundidade. fig Alma, corazón, sentimento (non hai entrañas para resistir as imaxes de Bosnia).
esencia
sf Celme, entidade, natureza, ser, substancia. Aroma, perfume.
materia
sf Substancia. Argumento, asunto, contido, historia, tema. Disciplina. Brume, icor, pus, vormo.
miga
sf Farangulla, frangulla, fungalla, migalla, migallo, miola, molo. Anaco, bicada, chisco, cigalla, cinasco, grena, farangulla, frangulla, fungalla, lisca, migalla, migallo, nesga, petisco, rafa. fig Cerna, substancia. Bocado, instante, intre, minuto, momento, segundo.
natureza
sf Natura. Complexión, constitución. Carácter, natural, temperamento. Esencia, materia, substancia. fig Carácter, casta, clase, condición, especie, índole, orixe, procedencia. Inclinación, instinto, tendencia. Creación, mundo.
nutrimento
sm Nutrición, pasadío, sustento, mantemento, manutención, alimentación. Substancia.
peso
sm Carga, cargamento. Pesa. Firmeza, forza. Opresión. fig Entidade, importancia, substancia. Autoridade, influencia.
substancia
sf Entidade, esencia, fundamento, natureza, ser. Gusto, sabor. fig Importancia, transcendencia, valor.
sustancia
sf Substancia.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.