logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


escusado
adx Innecesario, inútil, superfluo. sm Baño, cagadoirovulg, latrina, mexadoirovulg, retrete, servizo, wáter.
innecesario
adx Escusado, inútil, redundante, sobrante, superfluo.
inútil
adx s Incapaz, incompetente, ineficaz, inepto, inoperante, negado. Inválido, tolleito, minusválido, enratado, aleixado, empioucado, imposibilitado, impedido, varado, eivado. Innecesario, escusado, superfluo, redundante, sobrante.
ocioso
adx Desocupado, inactivo, parado. fig Innecesario, inútil, superfluo, van (a súa presenza na reunión vén sendo ociosa). Estéril, van (os nosos esforzos por salvar a harmonía resultaron ociosos).
prescindible
adx Innecesario, ocioso, superfluo, sobrante.
redundante
adx Prolixo. Reiterado, reiterativo, repetido, repetitivo. Sobrante, sobro, superfluo.
superfluo
adx Innecesario, ocioso, prescindible, sobrante. Inútil, van.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.