logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


cargar
vt Soportar, soster. Meter. Armar. Cobrar, gravar (o concello cargounos a contribución). fig Aburrir, amolar, importunar, molestar. Apoñer, apor, atribuír, colgarcol. Derramar, deteriorar, estragar, romper (carguei o disco ao rascalo contra a porta). Suspender (cargou todos os exames). Eliminar, matar. vi Escorarse, inclinarse, pandear (o coche carga dun lado). Achantar, apandar, apeitar, cangar (ao cabo, carganos nós co traballo). vp Apoiarse, descansar, descargar (cargueime na columna). Abarrotarse, atacarse, ateigarse, encherse, fartarse (encheuse de figos polo San Miguel).
cepillar
vt Limpar, puír. fig Coller, levar, roubar. Suspender. Asasinar, matar.
clausurar
vt Cerrar, pechar, suspender. Concluír, rematar.
colgar
vt Apiolar (porco), pendurar, suspender. Apoñer, apor, atribuír, colocar, encambar (colgáronlle todos os roubos da semana pasada). Tender (roupa). fig Suspender. Cortar (cando lle dixen o que pensaba, colgou). Abandonar, deixar (o Padre Prior colgou os hábitos). Latar (os alumnos colgaron a clase das nove). vi Pender, pendurar, pingar (a saia colga por detrás). vp Afogarse, aforcarse, enforcarse.
cribar
vt Barutar, peneirar, xirgar. fig Diferenciar, escoller, escolmar, seleccionar. Suspender.
desconvocar
vt Anular, cancelar, suspender (aínda que chova non van desconvocar a manifestación).
deter
vt Apreixar, apresar, arrestar, capturar, cativar, prender. Reter. Atallar, cesar, interromper, parar. Conter, reprimir, suspender. Atrasar, demorar, dilatar, retardar (no reitorado detiveron o plano de galego).
estancar
vi vt Alagar, embalsar, empantanar, empozar, empresar, encorar, represar. Deter, paralizar, parar, suspender. Obstruír.
interromper
vp vt Cesar, cortar, deter, impedir, interceptar, obstruír, parar, suspender, truncar.
levantar
vp vt Alzar, elevar, endereitar, erguer, subir, soerguer. Despegar, desprender, soltar, separar. Destacar, elevar, erguer, salientar, sobresaír. vt Construír, edificar, elevar, erguer, erixir. Alzar, izar. Recoller, repregar, retirar (ao vir os gardas os vendedores levantaron o tenderete). Causar, producir (eles mesmos levantaron sospeitas). Suprimir, suspender (levantaron a veda). Estender, redactar (levantaron acta da xuntanza). Alzar, subir (non levantes a voz). vi Abocañar, abrir, aclarar, aclarear, arraiar, avagantar, clarear, clarexar, delampar, deloirar, delourar, desanubrar, desencapotar, despexar, escambrar, escampar, estear, estiñar, estrelampar. vp Alzar, amotinarse, insurreccionarse, rebelarse, sublevarse. Cucar, empinarse, facer a gata, pinarse, relaxarse (as cabalerías). Erguerse, estiñar, retirarse, secar (o leite).
paralizar
vp vt Aleixar, baldar, eivar, engaimarse, engoumarse, engremarse, entrabar, entumecer, envararse, toller, varar. fig Deter, inmobilizar, parar, suspender.
sobreser
vt Anular, desisitir, interromper, parar, suspender.
suspender
vp vt Colgar, dependurar, pendurar. Cancelar, interromper, parar. Destituír, dimitir.
tombar
vp vt Abater, apouvigar, deitar, derrubar, tirar (o vento tomba os cereais). Escorar (o barco). vt Bater, golpear. fig Quitar, sacar (tombáronlle os fumes). Suspender (tombárono no primeiro exercicio).

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.