logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


cadolo
sm Cano, canoto, chanteiro, cobelleiro, coeiro, coiñeiro, coio, couceiro, couve, cueiro, , penca, talo, toco, trocho (das verzas). Cadrozo, carolo, carozo (espiga do millo sen grans). Rebolo (pau groso). Cadabullo, cotillón, camallón, cavón, gleba, tupizo, carolo, seita, cadullo, terrón, leiba.
cadrelo
sm Carrapicho, periquete, trenzado. Cartilaxe, óso maimiño, óso molar, óso rilladeiro, talo, trisco.
calo
sm Calosidade, dureza, talo. Mazote, ollo de pega (calo nas dedas dos pés); cachazo, carruleira, colo, muleira, xugueira (no pescozo da vaca).
calosidade
sf Calo, dureza, talo.
canelo
sm Talo. Ferra, ferradura. Canela, mazaroca, mazorga, bobina.
canoto
sm Cadolo, couve, , chanteiro, cano, cobelleiro, talo, couceiro, coio, trocho (das verzas), penca, coeiro, cueiro, coiñeiro, toco. Cabeza, cachopa, cachopo, canota, carocha, carrocha, cepa, cepeira, cepo, coto, couce, coza, cozo, falca, filla, pámpano, toco, tocón, torgo. Canón, cano (da pluma).
cartilaxe
sf Cadrelo, óso maimiño, óso molar, óso rilladeiro, talo, trisco.
caule
sm Cana, corpo da planta, talo.
coeiro
sm Cadolo, cano, chanteiro, cobelleiro, coiñeiro, coio, couceiro, couve, cueiro, , penca, talo, toco, trocho.
coiñeiro
sm Coeiro, cueiro, penca, cadolo, toco, chanteiro, , cano, couve, couceiro, coio, trocho, talo, cobelleiro.
coio
sm Callao, candollo, canto, croio, goliño, gouño, pedregullo, pelouro, rebo, riarenga, rolada, seixo. Coeiro, cueiro, penca, coiñeiro, cadolo, toco, chanteiro, , cano, couve, couceiro, trocho, talo, cobelleiro.
couceiro
sm Cadolo, cano, canoto, chanteiro, cobelleiro, coeiro, coiñeiro, coio, couve, cueiro, , penca, talo, toco, trocho.
cueiro
sm Cueira, parche, remendo (na traseira dos pantalóns). Couceiro, coeiro, penca, cadolo, toco, coiñeiro, couve, cano, chanteiro, , cobelleiro, canoto, talo, trocho, coio.
chanteiro
sm Cadolo, cano, canoto, cobelleiro, coeiro, coiñeiro, coio, couceiro, couve, cueiro, , penca, talo, toco, trocho. Chantón, chanto, chanta, chanteira.
durén
sm Dureza, calosidade, talo, calo, endurecemento, aspereza, durea.
dureza
sf Aspereza, calo, calosidade, durea, durén, endurecemento, talo (o podólogo tratoume as durezas dos pés). Austeridade, crueza, insensibilidade, intolerancia, intransixencia, severidade (naquela escola tratárona con moita dureza). Consistencia, estabilidade, firmeza, resistencia, rixidez, solidez (a dureza deste material está a toda proba).
sm Pezuño, uña. Cepa, cepada, esteo, pegollo (do hórreo). Peaña, base, pedestal, podio, fundamento, basa. Penca, cano, chanteiro, couve, carozo, trocho (das hortalizas), couceiro, coio, cobelleiro, talo, cueiro, coeiro, toco, cadolo, coiñeiro. fig Motivo, ocasión, razón. Pata (a cadeira ten catro pés).
penca
sf Empinxa, lentixa, lunar, mancha, marxa, marxada, pelaíña, pica, pencha, pincha, pinta, xarga. Cadolo, cano, carozo, chanteiro, cobelleiro, coeiro, coiñeiro, coio, couceiro, couve, cueiro, , talo, toco, trocho (das hortalizas).
talo
sm Cadolo, cano, coio, , penca; chanteiro, cobelleiro, coeiro, coiñeiro, couceiro, couve, cueiro, toco, trocho (das verzas). Calo, calosidade, dureza.
toco
adx Coto, manco, maneto, manoto, toqueno. fig Defectuoso, imperfecto, incompleto. sm Cepo, coto (non vaias engarrar nos tocos dos chanteiros). Tobo, burato, buraco, loio, cova, cocho, lobeira (do lobo), gorida, toqueiro, acubillo, furado, golpilleira (da raposa), oseira (do oso), cama, niño, tobeira, coelleira, toqueira, cubil, raposeira, caustra, tocañeira, covo, paleira (do polbo). Talo, cueiro, penca, coeiro, coiñeiro, cadolo, , cano, couve, coio, couceiro, trocho (das verzas), cobelleiro. smpl Cotenos, cotobelos.
trocho
adx Débil, feble, mucho, murcho (o pai de Susana anda algo trocho). sm Cadolo, cano, chanteiro, cobelleiro, coeiro, coiñeiro, coio, couceiro, couve, cueiro, , penca, talo, toco (das hotalizar). Troco, cepa, tranco. Codelo, rocho.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.