logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


alxibe
sm Cisterna, depósito, tanque.
cacharolo
sm Tanque (baleira ese caldeiro co cacharolo).
cisterna
sf Depósito, tanque.
corga
sf Corgo, córrago, estanque, lagoa, poza, pozo, tanque. Corgo, torrenteira. Canicosta (empinada), canicouva (estreita), congostra, corgo, corredoira. xén Cuscuta spp, C. epithymumBarbas de raposo, cerro da raposa, cuscuta, liño de cobra, liño de cuco, liño de lebre, liño de raposa, liño de raposo, pelos de raposo, pelo dos toxos, sirgo de raposo.
corgo
sm Rego. Corga, córrago, estanque, pozo, tanque, poza, lagoa. Corga, torrenteira. Corga, congostra, canicouva (estreita), canicosta (empinada), corredoira.
córrago
sm Corga, corgo, estanque, lagoa, poza, pozo, represa, tanque.
depósito
sm Colocación, entrega. Imposición, investimento. Pouso, sedimento. Adianto, fianza (antes de entrar na casa hai que entregar un depósito). Adega, almacén, arsenal. Alxibe, cisterna, tanque.
piscina
sf Estanque, tanque.
tanque
sm Alxibe, cisterna, depósito, estanque. Cazo, ferrada, cacharolo, vaso (sacou auga da sella co tanque) . Carro de combate.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.