logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


bacelo
sm Brumo (tenro), gomo, sarmento, vara, vide. Parra, parreira, posto, uveira, vide, videira, vidra, viñeira. Eido, terra, viña.
bisbarra
sf Comarca, terra (na miña bisbarra hai moito gando). Contorna, redonda, zona (na bisbarra da vila hai moita industria).
chan
adx Achaiado, achanzado, chairo, liso, plano. Horizontal, nivelado. fig Franco, sincero, sinxelo. sm Pavimento, piso, terra. fig Nación, país, terra, territorio (natal).
eido
sm Cortiña, eirado, eira, horta. Agro, campo, chousa, lecho, seara, senra, terra. Herdade. fig Ámbito, área, campo, dominio, rama, sector, terreo.
ferruxe
sf Charrizo, feluxe, paramia, parañeira, parañeiro, parruma, parrume, sarrio, sarrizo, sarro. Pilletia cariesCaruncho, cornizó, mourón, murrión, pedra do trigo, terra, trigo cego.
fogar
sm Lar, lareira. Casa, domicilio, morada, residencia, vivenda. fig Nación, país, terra.
fungo
sm Cogomelo, foncho, pan de cobra, pan de curuxa, pan de meiga, pan de raposo, pan de sapo, pan do cego, pan do demo, pan do lobo, sombreiro de sapo. Balor, mofo. Ustilago zeae Borrel, borro, cagoxo, caruncho, cigalón, cornizó, ferruxe, mourón, murrión, potra, tafio, terra, trigo cego (no millo).
globo
sm Bóla, esfera. Mundo, orbe, planeta, terra. Aerostato.
habenza
sf Bens, facenda, herdade, patrimonio, posesións, propiedade, terra. Armentío (de gando maior), facenda, folgo, gado, gandada, gandallada, gando. Añal (fato de años), carneirada, gardas, haber, magote, ovellada, rabaño, res, veceira.
hemisferio
sm Semiesfera. fig Mundo, terra.
herdade
sf Herdanza, herdo, legado, patrimonio. fig Choeira, choído, chousa, chouso, eira, leira, fundo, prado, quinta, terra, veiga.
humus
sm Solo, terra.
mundo
sm Cosmos, orbe, universo. Humanidade, sociedade, xente. Astro, planeta, terra. fig Afluencia, concurrencia, multitude. Ambiente, ámbito, círculo, contexto, medio (o mundo en que me movo é absurdo). Desenvoltura, experiencia (esa muller ten moito mundo).
nación
sf Cidadanía, cidadáns. Nacionalidade, orixe, procedencia. País patria, pobo, terra.
país
sm Nación, patria. Terra, territorio. Bisbarra, comarca, rexión, zona (o país da Limia está botado a perder).
patria
sf Nación, país. Terra, territorio. fig Berce, lar.
predio
sm Inmoble. Eido, facenda, herdade, terra. Agrela, agrelo, camposa (grande).
solo
sm Chan, terra, terreo. fig País, patria.
terra
sf Globo, mundo, orbe, planeta. Bisbarra, circunscrición, comarca, demarcación, lugar, rexión, territorio. Nación, país, patria. Agro, campo, eido, facenda, herdade, leira, parcela, tenza, terreo. Chan, piso.
terreo
sm Terra, solo. Agro, campo, eido, leira, parcela, tenza. fig Ámbito, área, campo, dominio, eido. adx Terreal, terrestre, terráqueo, térreo. Mundanal, mundano.
territorio
sm Terra, lugar, rexión, comarca, circunscrición, bisbarra, demarcación.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.