logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


asunto
sm Argumento, historia, materia, motivo, tema, trama (o asunto desa novela é policial). Negocio, ocupación. Caso, enredo, lerio.
complot
sm Confabulación, conspiración, conxura, intriga, trama.
confabulación
sf Complot, conspiración, contubernio, conxura, intriga, trama.
conspiración
sf Complot, confabulación, conxura, intriga, trama.
contubernio
sm Amaño, alianza, complot, confabulación, conspiración, maquinación, trama. Acordo, entendemento, trato. Amancebamento, amigamento, cohabitación.
conxura
sf Complot, confabulación, conspiración, conxuración, intriga, trama.
conxuración
sf Conxura, conspiración, intriga, complot, trama, confabulación.
enlizo
sm Contubernio, intriga, maquinación, trama.
enredo
sm Complicación, ensarillada, envurullo, lea, lerio, maraña, nobelo, revoltallo, revolto. Andrómena, trangallada, trapallada. Argallada, argallo, burla, embeleco, engano, farsa, intriga, maquinación, trama. Achego, arrechego (a túa muller tenche un bo enredo). Brincadeira, broma, diversión, entretemento, xogo. Xoguete.
insidia
sf Aleivosía, engano, intriga, maquinación, perfidia, trama.
intriga
sf Acción, argumento, historia, trama. Complot, confabulación, conspiración, contubernio, conxura, manobra, maquinación, trama. Enigma, misterio.
maquinación
sf Argallada, argucia, artimaña, conspiración, estratexia, intriga, trama.
montaxe
sf Construción, instalación. Acoplamento, axuste. fig Complot, confabulación, conspiración, contubernio, conxura, maquinación, trama.
motivo
sm Causa, fundamento, móbil, orixe, razón. Argumento, asunto, historia, tema, trama (literario). smpl fig Adornos, ornamentos.
sm Atadura, lazo. Broulla, cadoneira, cadorno, cepo, norga (nó dunha árbore), sequeiro (da madeira). Artello, cochopelo, costas dos dedos, cotelo, coteno, coto, cotobelo, cotomelo, noca, nocello, nocelo, noelo, nortello. fig Conexión, enlace, ligazón, nexo, unión, vínculo. Intriga, miolo, trama.
textura
sf Contextura, estrutura, trama. Tecido.
trama
sf Rede, tramado, urda, urdido. Textura. Argumento, historia. Artimaña, complot, conspiración, conxura, enredo, intriga, maquinación.
tramado
adx Maquinado. Acedo, callado, ceibo, chirlo, coallado, cortado, picado, preso, represo, tomado, tourondo, trallado, xaropo. sm Trama, urda, urdido.
tremoia
sf Decorado. fig Embuste, enredo, farsa, ficción, intriga, trama.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.