logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


anzol
sm Amocelo, aganchiñacol, pica, brinca, pateira, catueiro, amo, anzó, ancel, gancho. fig Cebo, engado, trampa, trapela (para que lle axudase, preparoulle un anzol).
brete
sm Buíz, canistrel, costela, esparrela, gaiola, ichó, inchoio, panterlo, trapela, trampa. fig Apertarrabos, apuro, compromiso, conflito, dificultade, lea.
buíz
sm Alza, cruceta, fuste, mordaces, tempereiro (buíces son paus cruzados que sosteñen os favos das colmeas). Brete, esparrela, costela, trampa, gaiola, trapela, ichó, panterlo, inchoio, canistrel.
canastrel
sm Brete, buíz, canistrel, costela, esparrela, gaiola, ichó, inchoio, panterlo, trampa, trapela.
canistrel
sm Canastrel, buíz, gaiola, trapela, ichó, esparrela, costela, brete, trampa, inchoio, panterlo.
carnada
sf Bulso, carnalo, carnaza, cebo, engado, ensenrada, esca, gueldo, isca, isco, maga, mirogo, senrada. fig Atractivo, engado, engano, trampa.
cebo
sm Ceba (dos animais). Bulso, carnada, engado, ensenrada, gueldo, esca, isca, isco, maga, mirogo, senrada. fig Engado, incentivo (as súas maneiras funcionaron como cebo para convencelo). Trampa.
celada
sf Casco, helmo. Emboscada, engano, trampa.
cepo
sm Tallo, tora, torada, toro. Rachón. Trampa, trampela. Grillón (a policía púxolle un cepo ao coche). fig Parvo, torda, torpe. Cepa, toco, torgo, tocón, filla, canota, cepeira, couce, pámpano, carocha, coto, coza, cabeza, falca, cachopa.
emboscada
sf Celada, trampa. fig Intriga.
engano
sm Confusión, equivocación, erro, trabucamento. Falsidade, mentira. Calote, estafa, fraude, trampa. Traizón. Argallada, argallo, broma, burla, embeleco, enredo, farsa.
estrataxema
sf Argucia, artimaña, astucia, subterfuxio. Engano, trampa.
garabeta
sf Andrómena, artimaña, calote, empadumada, engado, engano, lazo, trampa, trampullada, trapela.
garabito
sm Garamelo, mureira, rateira, trampa, trebello.
garamelo
sm Garabito, mureira, rateira, trampa, trebello. Armadilla, garduñeira, trampa, trapela (debían prohibir os garamelos para cazar raposos).
garduñeira
sf Armadilla, garamelo, trampa, trapela, trebello. Garduña.
gatada
sf Argallada, enredo, falcatrúa, falcatruada, trasnada, trastada, travesura. Faena, falcatrúa, trampa, trasnada, putadavulg, xogada.
ichó
sm Cepo, trampa; arento, foxo, garabito, garamelo, garando, garduñeira, pedriñeira, terbello, trampa, trapela, trebello, xeremelo (para animais bravos); brete, buíz, canastrel, costela, esparrela, inchoio, panterlo, trapela (para paxaros); tobeira (para coellos).
lazo
sm Cinta, fita. Corda, corre, trela, trelo, trenla. Lazada, ligadura, , liame. fig Relación, unión, vencello, vínculo. Calote, empadumada, engano, garabeta, trampa, trapela. Xeo.
manobra
sf Cambio, evolución, movemento, variación. Exercicio, operación (militar). fig Amaño, apaño, ardil, argallada, argucia, artimaña, engano, estratexia, manipulación, mañas, maquinación, raposería, renartería, trampa, treta.
panterlo
sm Brete, buíz, canastrel, costela, esparrela, gaiola, ichó, inchoio, trampa, trapela (os paxaros quedaron atrapados no panterlo).
rateiro
adx s Gatoeiro, ladrón, larpán, rapineiro, raspiñeiro, sacoeiro, sacumicheiro. Rateador, ratoeiro, colledor, pillador, pescador, pilladeiro, murador. sf Euphorbia lathyrisCagarríos, escurripa, herba da cuca, herba rateira, morgañeira, surbia, tártago. Muraqueira, mureira, ratoeira. Garabito, garamelo, ratoeira, trampa, trebello. Capa, testo, tornarratos (hórreo).
tafurería
sf Trampa, trapallada.
trampa
sf Andrómena, argallo, artimaña, celada, emboscada, empadumada, engano, tafurería, trampullada, trapela, tremoia. Arento, foxo, garabito, garamelo, garando, garduñeira, trebello, xeremelo (para animais bravos); brete, buíz, canastrel, canistrel, esparrela, gaiola, ichó, panterlo, trapela (para paxaros); rateira, muraqueira (para ratos).
trampullada
sf Trampa, empadumada, tremoia, tafurería, argallo, artimaña, celada, emboscada, andrómena, trapela, engano.
trapallada
sf Chafallada, chambonada, pataqueirada, trangallada, zarangallada, zarapallada. Confusión, engano, enredo, fraude, tafurería, trampa. Chioladacol, parvada, trangallada.
trapela
sf Trapa. Buíz, chamariza, esparrela, gaiola, ichó, trampa. Andavía, bausán, martabela, ruxideira, tabenla, tarabela, trécola, virandeira.
trebello
sm Brinquedo, enredo, xoguete. Esparrela, garamelo, trampa, trapela. smpl Traste .
truco
sm Artificio, engano, trampa. Mariola, peletre, raia, truque.
xogada
sf Movemento, tirada. Falcatrúa, falcatruada, gatada, trampa, trasnada.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.