logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


acougado
adx Pousado, repousado, sosegado, tranquilo.
aliviado
adx Acougado, desafogado, desabafado, sereno, tranquilo.
aplacado
adx Calmado, apracible, calmo, maino, tranquilo.
apracible
adx Calmo, maino, morno, suave, tranquilo (tempo). Dócil, manseliño, manselo, mañigón, mastín, pacífico (animais).
calado
adx Reservado, silandeiro, silencioso, taciturno. Apracible, silencioso, tranquilo. sm Profundidade, fondura.
calmado
adx Aplacado, apracible, calmo, maino, tranquilo. Sereno, sosegado, tranquilo.
calmo
adx Apracible, maino, quedo, sereno, sosegado, tranquilo. Calmoso, calmudo, lento.
campante
adx Despreocupado, tranquilo. Alegre, contento, satisfeito. Orgulloso, oufano.
desabafado
adx Acougado, aliviado, desafogado, sereno, tranquilo.
desafogado
adx Abondoso, abundante, acomodado, amplo, cómodo, descansado, folgado, solto. Acougado, aliviado, desabafado, sereno, tranquilo.
desapaixonado
adx Cerebral, frío, sereno, sosegado, tranquilo. Ecuánime, equitativo, imparcial, indiferente, neutral, obxectivo, racional, recto, xusto.
descansado
adx Apracible, calmo, cómodo, confortable, levadeiro, repousado, sosegado, tranquilo (topei un traballo moi descansado). Lento, pausado, vagaroso. fig Abandonado, deixado, descoidado, despreocupado, neglixente (vano botar do choio porque é descansado de máis).
despreocupado
adx Abúlico, aburrido, acidioso, apático, desinteresado, desleixado, enfastiado, inapetente, indolente. Descoidado, desprevido, tranquilo.
durmido
adx Adormecido, adurmiñado, aparvado. Acougado, calmo, lento, pachorrento, sosegado, tranquilo.
enteiro
adx Completo, íntegro, todo. Cabal, firme, honesto, honrado, recto, rexo, xusto. Tranquilo (malia o sucedido, mantense enteiro). Marón (animal sen castrar).
flegmático
adx Apático, cachazudo, calmoso, indolente, lento, pachán, pachorrento, pachorro, pancho, parsimonioso, pousafoles, pousón, prosma, prosmeiro, tardón, tranquilo.
frío
adx Arrefecido, destemperado. Fríxido, inapetente, desapaixonado, estreito, xélido. fig Distante, glacial, indiferente, xélido. Calculador, flegmático, impasible, imperturbable, inmutable, sereno, tranquilo. sm Friaxe.
impasible
adx Imperturbable, inalterable, indiferente, inmutable, sereno, tranquilo (a pesar da gravidade dos feitos permaneceu impasible). Frío, insensible.
imperturbable
adx Impasible, inmutable, indiferente, sereno, tranquilo, inalterable.
inalterable
adx Constante, estable, fixo, inmutable, invariable. Incorruptible, indestrutible. Impasible, inmutable, indiferente, imperturbable, sereno, tranquilo.
inofensivo
adx Inocente, pacífico, tranquilo. Inocuo.
maino
adx Apracible, calmo, morno, tranquilo, suave (tempo). Dócil, guiado, guieiro, manseliño, manselo, manso, mañigón, mastín, pacífico (animais).
manseliño
adx Manso, mastín (animais), mañigón, maino, dócil, mainiño, manselo. Manso, mesurado, pousado, repousado, dado, pacífico, apracible, sosegado, tratable, paciente, quedo, sereno, tranquilo, calmo. Manso, dado, disciplinado, submiso (carácter), guieiro, obediente, guiado, dócil. Lento, pousado, repousado.
manso
adx Dócil, maino, mainiño, manseliño, manselo, mañigón, mastín (animais). fig Apracible, calmo, dado, manseliño, mesurado, paciente, pacífico, pousado, quedo, repousado, sereno, sosegado, tranquilo, tratable. Dado, dócil, disciplinado, guiado, guieiro, obediente, manseliño, submiso (carácter).
morno
adx Temperado, tépedo. Apracible, calmo, maino, tranquilo, suave (estache un tempo ben morno). fig Abúlico, apagado, apático, eslamiado, indolente, insulso, pasivo.
paciente
adx Conformista, resignado, sufrido. Mesurado, pacífico, pousado, sereno, sosegado, tranquilo, xangal (é un home moi paciente e non se altera por nada). s Doente, enfermo.
pacífico
adx Paciente, xangal, sereno, tranquilo, sosegado, pousado, mesurado. fig Apracible, calmado, calmo, calmoso, impasible, quedo, pachorrento, plácido, pausado, quieto, sereno, sosegado.
pachán
sm Cachazudo, calmoso, campante, flegmático, indolente, lento, morriñento, pachorrento, pancho, pando, pandote, parsimonioso, pousafoles, pousón, prosma, prosmeiro, tranquilo. Abandonado, bandallas, deixado, desleixado, despreocupado, indolente. Bazuncho, bocoi, bolecho, chaparro, chaparrote, codrolo, croucho, foupello, marulo, matalote, mazarocas, mazaroco, mazarolo, mazaroqueiro, motrete, patarolo, patorreiro, rebezo, redrollo, retaco, retrepo, tapón, zambullo (engordou tanto que está feito un pachán).
pachorrento
adx Pachán, pousón, morriñento, pandote, flegmático, parsimonioso, pancho, pando, pousafoles, indolente, prosma, calmoso, cachazudo, prosmeiro, lento, tranquilo, campante.
pancho
adx s Cachazudo, calmoso, campante, flegmático, indolente, lento, pachán, pachorrento, pandote, parado, parsimonioso, pousafoles, pousón, prosma, prosmeiro, tranquilo. Fachendoso, farruco, finchado, foncho.
pandote
sm Pagán, pagante. Pancho, flegmático, parado, pousón, pachán, parsimonioso, cachazudo, prosmeiro, pachorrento, prosma, indolente, pousafoles, calmoso, campante, tranquilo, lento.
parado
adx Detido, estancado, inmóbil. Quieto, quedo. Interrompido. Apoucado, cohibido, tímido. Indeciso, irresoluto. Cachazudo, calmoso, campante, flegmático, indolente, lento, pachorrento, pancho, pando, pandote, parsimonioso, pousafoles, pousón, prosma, prosmeiro, tranquilo. s Desempregado, desocupado.
parsimonioso
adx Cachazudo, calmoso, campante, flegmático, indolente, lento, pachán, pachorrento, pandote, pousafoles, pousón, prosma, prosmeiro, tranquilo.
plácido
adx Agradable, apracible, grato, pracenteiro. fig Manso, pacífico, quieto, repousado, sereno, sosegado, tranquilo.
pousafoles
s Cachazudo, calmoso, campante, flegmático, indolente, lento, pachán, pachorrento, pancho, pando, pandote, parado, parsimonioso, pausado, pousón, prosma, prosmeiro, tranquilo.
pousón
adx Pousafoles, pancho, parsimonioso, pachán, pando, pausado, parado, pandote, flegmático, lento, campante, tranquilo, calmoso, indolente, pachorrento, prosma, prosmeiro, cachazudo.
prosma
s Cachazudo, calmoso, campante, flegmático, indolente, lento, pachán, pachorrento, pancho, pando, pandote, parsimonioso, pousafoles, pousón, prosmeiro, tranquilo, trosma. sf Apatía, cachaza, camándula, carrúa, desleixo, despreocupación, doca, farona, galbana, indolencia, lacazanería, languidez, lentitude, lorana, moleza, molicie, morlana, morriña, nugalla, pachorra, palanquinería, parsimonia, preguiza, xostra.
prosmeiro
s Prosma, parsimonioso, pachán, pancho, pando, pousón, pandote, flegmático, lento, tranquilo, campante, pousafoles, indolente, pachorrento, calmoso, cachazudo, trosma.
repousado
adx Acougado, calmo, mesurado, pousado, quedo, quieto, sosegado, tranquilo, xangal. Manso, pacífico. Descansado.
seráfico
adx fig Anxelical, apracible, beatífico, bondadoso, cándido, pacífico, tranquilo. Franciscano.
sereno
adx Acougado, calmo, sosegado, tranquilo. Aberto, albadeado, claro, desentoldado, espellado, limpo (o ceo quedou sereno despois do trebón). Despexado, sobrio (nunca conduce sereno). sm Serán, orballo, resío, relento.
sosegado
adx Acalmado, acougado, aquelado, cachacento, cachazudo, calmo, calmoso, calmudo, maino, pachorrento, pausado, pousafoles, pousón, repousado, tranquilo. Apracible, axuizado, pacífico, prácido, sereno, serio.
suave
adx Agradable, brando, delicado, doce, dondo, lene, leve, livián, lixeiro, maino, tenue. Dócil, tranquilo.
temperado
adx Comedido, mesurado, moderado, pacífico, tranquilo. Austero, sobrio. Lizquente, morno, suave, tépedo. Equilibrado, sensato. Afinado (un instrumento musical).
tépedo
adx Lizquente, maino, morno, suave, temperado. Frouxo. Calmado, indiferente, tranquilo.
tranquilo
adx Apracible, calmo, plácido, sereno, sosegado (aló nas tardes serenas, aló nas tardes caladas). Calmado, pacífico, quedo, quieto, sereno, sosegado (o neno quedou tranquilo). Calmoso, pachorrento. fig Despreocupado (xa sabes como é, moi tranquilo). Flegmático, frío, impasible.
xangal
adx Mesurado, pacato, paciente, pacífico, pousado, sereno, sosegado, tranquilo.
xogoral
adx Alegre, contento, risoño. Algareiro, algareón, barulleiro. Manso, tranquilo, xangal.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.