logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


dar
vt Adxudicar, asignar, ceder, conceder, destinar, doar, entregar, legar, ofrecer, outorgar, transferir. Agasallar, obsequiar, regalar (deulle unha rosa vermella). Producir, render (esta terra dá moitos cartos). Proporcionar, subministrar (a central dá enerxía a toda a bisbarra). Dispensar, explicar, leccionar, pronunciar (unha lección). Celebrar, executar, ofrecer, presentar (ese grupo deu onte un concerto). Soar (xa deron as doce). vi Bater, golpear, impactar, pegar, petar (o coche deu contra a parede). Acertar, atinar (deu coa solución). Abrirse, orientarse (esta ventá dá ao norte). Entrar, pegar (vendo a tele dáme o sono). vp Acontecer, ocorrer, pasar, producirse, suceder (dérase alí un caso curioso). Acostumarse, afacerse (dáse ben no novo traballo). Conxeniar, levarse, simpatizar (non me dou co teu irmán). Consagrarse, entregarse (deuse sempre aos máis necesitados).
delegar
vt Ceder, transferir (o rei delegou os seus poderes no herdeiro).
endosar
vt Ceder, transferir (asinando na marxe endosoulle un documento de crédito ao tío). fig Cargar, colocar, encambar, encargar, espetar (endosoulle o problema aos fillos).
subarrendar
vt Ceder, traspasar, transferir.
transferir
vt Trasladar, traspasar. Transmitir, traspasar, ceder. Transportar.
transmitir
vt Comunicar, contar, difundir, emitir, propagar, radiar, televisar. Deixar, legar, mandar, outorgar, testar. Ceder, transferir, traspasar. Conducir, levar. vp vt Apegar, apelicar, comunicar, contaxiar, pegar, propagar.
traspasar
vt Atravesar, cruzar. Ceder, subarrendar, transferir. fig Pasar, sobrepasar (déronlle tanta liberdade que traspasou os límites).

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.