logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


aflito
adx Desconsolado, afundido, amargado, angustiado, apenado, apesarado, contristeiro, desalentado, desanimado, desconfortado, desesperanzado, desmoralizado, entristecido, magoado, pesaroso, triste, tristeiro.
amacelado
adx Remagarido, amortuxado, apesarado, desgustado, dorido, doente, esgumiado, magoado, melancólico, morriñento, saudoso, señardoso, triste.
amargo
adx Agre. fig Doloroso, penoso, triste.
amormado
adx Abobado, aboubado, aloulado, apaiolado, apalambrado, apalermado, apampado, aparrulado, aparvado, atrosmado. Amorroado, triste, desanimado, morriñoso, amorriñado, melancólico, deprimido, mouco, nostálxico, amoucado, entristecido, mucio, abatido, moucho, enfurruñado.
amorroado
adx Abatido, amorriñado, amormado, amoucado, deprimido, desanimado, enfurruñado, entristecido, melancólico, morriñoso, moucho, mouco, mucio, nostálxico, triste.
amoucado
adx Abatido, amouchado, amorriñado, amorroado. Apenado, deprimido, entristecido, melancólico, morriñoso, moucho, mouco, nostálxico, triste. Amocado, enfastiado, incomodado, molesto.
angustiante
adx Desconsolador, angustioso, desesperanzador, desmoralizador, desolador, entristecedor, lamentable, penoso, triste.
angustioso
adx Doloroso, penoso, triste. Alarmante.
anoxoso
adx Triste, deplorable, infeliz, lamentable, penoso, pesado, cargante.
apesarado
adx Abatido, aflixido, amargado, angustiado, apenado, deprimido, mouco, triste.
compunxido
adx Aflixido, apesarado, triste.
decaído
adx Abatido, afundido, amoucado, amouchado, contristado, desalentado, deprimido, desazado, desesperanzado, entristecido, morriñento, prostrado, señardoso, triste. sf Decadencia .
deplorable
adx Censurable, condenable, criticable, detestable, rechazable, refugable, rexeitable. Funesto, infeliz, ínfimo, lamentable, lastimoso, penoso, pésimo, triste.
deprimente
adx Desalentador, entristecedor, lamentable, penoso, triste. Depresivo, depresor.
deprimido
adx Decaído, desalentado, abatido, desesperanzado, prostrado, contristado, señardoso, triste, amouchado, desazado, afundido, entristecido, amoucado, morriñento.
desconfortado
adx Abatido, aflito, afundido, amargado, angustiado, apenado, apesarado, contristado, desalentado, desanimado, desconsolado, desesperanzado, desmoralizado, entristecido, magoado, pesaroso, triste.
desconsolado
adx Tristeiro, aflito, afundido, amargado, angustiado, apenado, apesarado, contristeiro, desalentado, desanimado, desconfortado, desesperanzado, desmoralizado, entristecido, magoado, pesaroso, triste.
desconsolador
adx Angustiante, angustioso, desesperanzador, desmoralizador, desolador, entristecedor, lamentable, penoso, triste.
descontento
adx Aborrecido, apesarado, desanimado, desavido, desgustado, molesto, triste. sm Contrariedade, decepción, desavinza, descontentamento, desgusto. Mágoa, pena, pesadume, pesar, tristeza, tristura.
desesperanzador
adx s Angustiante, angustioso, desconfortante, desconsolador, desmoralizador, desolador, entristecedor, lamentable, penoso, triste.
desolado
adx Apesarado, atormentado, inconsolable, triste. Despoboado, ermo, solitario.
desolador
adx Amargo, doloroso, lamentable, triste. Arrasador, destrutor, devastador, estragador.
doloroso
adx Cruel, penoso, pesaroso, triste.
dorido
adx Doente, mao, malo, indisposto, danado, enfermo, achacadizo. Abatido, afundido, apesarado, atristurado, decaído, desanimado, desalentado, postrado, triste.
dramático
adx Teatral. fig Afectado, finxido, teatral. Patético, terrible, tráxico, triste.
duro
adx Consistente, firme, forte, resistente, rexo, ríxido, sólido. fig Áspero, esgrevio, ríspido, rudo, severo. Calamitoso, difícil, penoso, triste (traballa nunhas duras condicións laborais). Cruel, inflexible, inhumano, insensible, insoportable, intolerante, intransixente, rigoroso, severo (o mestre foi moi duro cando me castigou). sm Peso (os grelos van a quince duros).
elexíaco
adx fig Magoado, tristeiro, triste (pronunciou un discurso elexíaco sobre o seu irmán) .
enfurruñado
adx Abatido, amorriñado, amormado, amoucado, deprimido, desanimado, amorroado, entristecido, melancólico, morriñoso, moucho, mouco, mucio, nostálxico, triste.
esgumiado
adx Amacelado, agoniado, amortexado, apesarado, desgustado, dorido, remagarido, magoado, melancólico, morriñento, saudoso, señardoso, triste.
fúnebre
adx Funeral, funerario (os ritos fúnebres son moi emotivos). Funesto, lúgubre, mortuorio, sinistro, sombrío, tétrico, triste, tristeiro.
lamentable
adx Deplorable, entristecedor, penoso, triste. Reprochable.
lastimoso
adx Funesto, infeliz, ínfimo, lamentable, deplorable, penoso, pésimo, triste.
lúgubre
adx Escuro, fúnebre, funesto, mortuorio, triste. Lóbrego, escuro, tenebroso, sombrío, umbrío.
melancólico
adx Amorriñado, amoucado, morriñento, morriñoso, mouco, nostálxico, triste.
morriñento
adx Amorriñado, melancólico, morriñoso, moucho, mouco, nostálxico, triste. fig Chuvioso, cinsento, escuro, grixallento (estache un tempo ben morriñento con esta chuvia). Morno.
morriñoso
adx Morriñento, nostálxico, triste, amorriñado, moucho, melancólico, mouco.
mouco
adx Mocho, meco, romo, mono. Moguelo. Morriñento, nostálxico, triste, amorriñado, morriñoso, moucho, melancólico.
moucho
adx Morriñento, nostálxico, triste, amorriñado, morriñoso, melancólico, mouco.
murcho
adx Esmilrado, milrado, mirrado, mucho, queimado, rechozo, revellado. Acabado, amuado, chuchado, chupadocol, consumido, débil, enxoito, esmirrado, esmorecido, frouxo, feble, marrido, mazmido. fig Amormado, amorriñado, amorroado, melancólico, morriñoso, moucho, mouco, murrio, nostálxico, triste.
nefasto
adx Aciago, desgraciado, infortunado, tráxico, triste. Funesto, infausto, nocivo, pernicioso, prexudicial.
negro
adx Anegrado, moreno, mouro. Entoucado, escurecido, escuro, pecho, sombrío, sombrizo. fig Lúgubre, tenebroso, tétrico, triste. Adverso, atroz, desgraciado, funesto, horrible, infausto, penoso. Maldito, réprobo. sf Fada, fatalidade (hoxe teño a negra, batín co coche e logo rompe o cristal).
nubrado
adx Anubrado, atoldado, cuberto, toldado. Escuro, sombrío, triste.
penoso
adx Amargo, angustioso, doloroso, lamentable, triste. Enfastioso, laborioso, pesado, traballoso. Amargo, desabrido, desagradable, incómodo, molesto. Arduo, difícil, dificultoso, custoso, complicado, apertado.
prostrado
adx Abatido, afundido, amoucado, amouchado, contristado, desalentado, deprimido, desazado, desesperanzado, entristecido, morriñento, decaído, señardoso, triste.
queixoso
adx Descontento, doído, dorido, molesto. Triste, tristeiro. Queixón.
queixumento
adx Melancólico, triste. Queixón, laión, choromiqueiro, gurrumeiro, conxumelo, mexericas, queixumeiro, nifrón, choricas, choromicas, chorón.
remagarido
adx Delgado, enxoito, escuálido, esquelético, lambido, magro, seco. Adoentado, débil, debilitado, desfalecido, doente, esmorecido, frouxo. Amacelado, amortuxado, apesarado, desgustado, dorido, esgumiado, magoado, melancólico, morriñento, saudoso, señardoso, triste. Abatido, aflixido, amargado, amorriñado, amurchado, apesarado, decaído, deprimido, desganado, mocho, mouco, murcho, murrio.
resentido
adx Descontento, desgustado. Doído, ofendido. Rancoroso, vingativo. Amargado, triste.
saturniano
adx Melancólico, morriñento, nostálxico, pesaroso, señardoso, triste (é un home de carácter saturniano).
saudoso
adx Melancólico, morriñento, nostálxico, pesaroso, señardoso, triste.
[...]
O resultado da consulta inclúe máis de 50 entradas. Tente refinar a súa procura.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.