logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


bordelo
sm Arrecadén, couce, cuarta, recadén, retranca, soles, tronco, vacas do recadén (segunda xugada).
cepa
sf Cepeira, nembro, posto (da vide). Cabeza, cachopa, canota, carocha, cepeira, cepo, coto, couce, coza, falca, filla, pámpano, toco, tocón, torgo. Pé do muíño. Cepada, , pé dereito. Orixe, tronco (é unha persoa de boa cepa).
corpo
sm Organismo. Carne, materia. Asociación, colectividade, comunidade, corporación, entidade, gremio, institución, organización. Obxecto. Figura. Torso, trobo, tronco. Parte, peza, porción. Grosor, tamaño. Consistencia, densidade, espesor, forza (este viño non ten corpo ningún).
cuarta
sf Arrecadén, couce, recadén, retranca, soles, tronco, vacas do recadén (segunda xugada).
fuste
sm Arro, cerna, cerno, corazón, durame. Lanza, pau. Columna, tronco. Fustalla, cuba, pipa, barril, tonel, bocoi, pipote. smpl Esbilas, galleta, guincha, guitas, peteladoiras, pinzas, talas.
recadén
sm Couce, retranca, soleada, soles, tamoncela, tronco.
retranca
sf Ironía, retintín, solermia, sorna. Malicia, picardía, pillería, raposería, renartería, solercia. Couce, recadén, soleada, soles, tamoncela, tronco.
toro
sm Tora, tronco. Anaco, roda, posta, tallada, tallo, torada, torgo (dáme outro toro da pescada). Potro, estagallo. Moldura (arquitectura).
torso
sm Busto, tórax, tronco (humano).
tronco
sm Toro (o tronco da árbore está podre). Tórax, torso. fig Ascendencia, liñaxe, xinea. Leirón, pedra (a miña filla dorme coma un tronco).

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.