logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


acorrer
vt Acudir, auxiliar, axudar, socorrer, valer.
amparar
vt Abrigar, acoller, acubillar, gorecer, gorir, protexer, refuxiar, resgardar. Defender, protexer, socorrer, tutelar, valer (amparou o neno ao morrer a nai). vp Abeirarse, abrigarse, gorecerse, resgardarse. fig Acollerse, escudarse (ampárome na lei).
auxiliar
vt Acorrer, acudir, amparar, asistir, axudar, socorrer, valer. s Asistente, axudante, colaborador. adx Accesorio, secundario.
axudar
vi vp vt Amparar, auxiliar, defender, favorecer, protexer, salvar, socorrer, valer. Colaborar, contribuír, cooperar. Subvencionar.
custar
vi vt Importar, supoñer, supor, totalizar, valer (iso custa poucos cartos). Causar, ocasionar, supoñer, supor (custoulle un mes de castigo). Esixir, supoñer, supor (custoulle ferro e fariña acabar aquela casa).
defender
vp vt Amparar, gardar, protexer, resgardar (defendeuno dos golpes dos atacantes). Abeirar, abrigar, protexer, resgardar (o paraugas deféndeme ben da chuvia). vt Amparar, auxiliar, protexer, socorrer, tutelar, valer (defendeume sempre que o necesitei). Apoiar, soster, sustentar (no xuízo defendeu as ideas do avogado). vp Combater, loitar, pelexar (na pelexa defendeuse ben). Argumentar, xustificarse. Desenvolverse, gobernarse, manexarse.
importar
vi Convir, interesar. Contar, influír. vt Alcanzar, ascender, custar, sumar, valer. Comprar, negociar, traficar (meu tío importa laranxas de Arxelia). Comportar, conlevar (este traballo importa riscos serios).
influír
vi Alterar, modificar (a moita calor inflúe no ánimo). Contar, pesar, valer (a súa nai inflúe moito na súa vida). Colaborar, contribuír. Influenciar.
montar
vi Subir. Empoleirarse, empolicarse, encaramarse. Importar, sumar, valer (diñeiro). vt Levantar. Armar (montou a escopeta para ir cazar). Engarzar, engastar. Cabalgar. Aboiar, acastroar, almallar, amaroar, anexar, atourear, botar, cabalear, cubrir, encabalgar, galar, galear, servir, traballar. Establecer, instalar (negocio). Dobrar, pasar.
protexer
vp vt Amparar, auxiliar, defender, socorrer, tutelar, valer. Preservar, resgardar, salvagardar. Apadriñar, patrocinar.
salvar
vt Acorrer, aliviar, amparar, asistir, auxiliar, axudar, defender, favorecer, gardar, gorecer, librar, protexer, remediar, socorrer, valer. Atravesar, cruzar, franquear, pasar, sobrepasar, superar, traspoñer, vadear. vp vt Librar, zafar (salvouse de ir servir o Rei).
ser
vi Existir, haber (son moitos a comer e poucos a gañar). Dar, facer (cinco por cinco son vinte e cinco). Custar, valer (neste mercado o viño é moi caro). Ocorrer, pasar, realizarse, suceder (iso foi ás doce). Servir, valer (os ollos son para ver). Pertencer (é de meu). Proceder, provir (es de Vigo?). Constituír, representar (ese é o remedio). Corresponder, tocar (agora es ti). Convir (iso non é para min). Caer, estar, localizarse, quedar (a casa do abade é alí). sm Corpo, ente, esencia, existencia, persoa.
servir
vt Valer. Abastecer, fornecer, prover, subministrar. Atender, despachar. vi Sacar (no xogo). vp Aproveitarse, utilizar, valerse.
socorrer
vt Acorrer, auxiliar, axudar, valer. Amparar, auxiliar, defender, protexer, remediar, salvar, valer. Reforzar, secundar. Subsidiar, subvencionar, sufragar.
tutelar
adx Defensor, protector (levaron o neno ao tribunal tutelar). vt Amparar, auxiliar, defender, protexer, socorrer, valer. Dirixir, encamiñar, guiar.
valer
vi Servir. vt Custar, importar, montar. Equivaler (un dolar vale cento vinte e seis pesetas). fig Causar, producir (a chuvia valeulle unha catarreira). Amparar, auxiliar, axudar, defender, protexer, socorrer. vp Apoiarse, servirse, recorrer. Apañarse, desenvolverse, gobernarse. sm Aptitude, capacidade, competencia, valemento, valía.
valía
sf Estima, importancia, merecemento, mérito, peso, prestixio, prezo, valor. Aptitude, capacidade, competencia, valemento, valer.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.