logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


aceiro
sm fig Arma, espada, sabre. smpl Forza, resolución, valor (ese ten bos aceiros).
afouteza
sf Ánimo, ardideza, ardimento, atrevemento, audacia, braveza, bravura, intrepidez, ousadía, valentía, valor.
ardideza
sf Afouteza, ardimento, atrevemento, audacia, coraxe, intrepidez, ousadía, valentía, valor.
ardimento
sm Ardideza, intrepidez, coraxe, valentía, audacia, afouteza, atrevemento, valor, ousadía.
arranque
sm Arrancada, arrincada, arrinque. Comezo, principio. Arranca, arrinca, cachea (recollida da pataca). Arrebato, arroutada, arrouto. fig Decisión, determinación, enerxía, valor. Ocorrencia, saída.
arrinque
sm Arrincada. Arranque, comezo, principio. fig Arranque, brío, decisión, determinación, enerxía, ímpeto, valor. Arrancada, ocorrencia, saída. Espontaneidade, ímpeto (para o pequena que é tén moito arrinque nos sentimentos).
atrevemento
sm Afouteza, ardideza, ardimento, audacia, coraxe, intrepidez, ousadía, valentía, valor. fig Descaro, impertinencia, insolencia.
audacia
sf Afouteza, ardideza, ardimento, atrevemento, coraxe, intrepidez, ousadía, valentía, valor. fig Heroicidade, heroísmo.
braveza
sf Carraxe, cólera, fereza, ferocidade, furia, furor. Impetuosidade, vehemencia. Acritude, aspereza, brusquedade, crueza, rudeza. Bravura, ousadía, ánimo, valor, afouteza, bizarría, carraxe, valentía, coraxe, brío, intrepidez, ferocidade.
bravura
sf Afouteza, ánimo, bizarría, braveza, brío, carraxe, coraxe, ferocidade, intrepidez, ousadía, valentía, valor. Burbullazo, carunchos, coxo, empinchas, empínchigas, empinxas, empínxegas, empixas, gorgulla, impinxas, pínchegas, pinxas, pínxegas (erupción na cara). Broulla, rascor, saraboullón, sarabullo, sarabullada, sarabullazo, sarapullada (erupción na pel).
brío
sm Ánimo, azos, coraxe, enerxía, folgos, forza, pulo, vigor. Afouteza, bravura, coraxe, empuxe, ousadía, valor. Distinción, garbo, xeito (esa nena ten un brío especial ao andar).
contía
sf Cantidade, porción, suma, valor.
coraxe
sf Afouteza, ánimo, azos, ousadía. Firmeza, forza, valentía, valor. Carraxe, rabia.
corazón
sm Coradas (víscera). Centro, cerna, medio (Melide é o corazón de Galicia). Cogollo, ollo (deixa para min o corazón da leituga). Carolo, carozo (corazón das froitas). Cura de todos, dedo do medio, dedo grande, dedo maior de todos, longo, maior, pai de todos. fig Amor, bondade, sentimentos (ter bo corazón). Ánimo, ansia, azos, interese, valor, vontade (ten moito corazón).
custo
sm Importe, prezo, tarifa, taxa, valor.
decisión
sf Acordo, conclusión, determinación, ditame, resolución, sentenza. Afouteza, ánimo, atrevemento, audacia, brío, coraxe, firmeza, resolución, valentía, valor.
denodo
sm Afouteza, ánimo, atrevemento, audacia, brío, coraxe, decisión, dilixencia, esforzo, firmeza, ímpeto, intrepidez, ousadía, resolución, valentía, valor.
determinación
sf Acordo, decisión, resolución. Afouteza, audacia, firmeza, ousadía, valor, vontade.
entidade
sf Ente, esencia, ser. Asociación, empresa, organismo, institución, sociedade. Importancia, interese, valor (o asunto ten entidade para dedicarlle anos).
fortaleza
sf Forza, poder, potencia. Forza, solidez, robustez, vitalidade, vigor, firmeza, resistencia, enerxía. Forza, folgos, Ánimos, valor, enteireza, azos. Ánimo, azos, enteireza, folgos, forza, valor (aínda ten fortaleza despois da morte do pai). Baluarte, bastión, búnker, castelo, forte, fortificación.
forza
sf Fortaleza, poder, potencia. Enerxía, firmeza, fortaleza, resistencia, robustez, solidez, vigor, vitalidade. Ánimos, azos, enteireza, folgos, fortaleza, valor. Corrente, electricidade, tensión, luz (eléctrica).
gallardía
sf Compostura, donaire, elegancia, fermosura, galantería, galanura, garbo, garrideza, graza, porte, prestancia. Afouteza, coraxe, decisión, valentía, valor (ese home compórtase con verdadeira gallardía).
grao
sm División, parte (o termómetro está dividido en 50 graos). Cantidade, nivel, punto, valor. Título (a este paso nunca conseguirei o grao de doutor). Cargo, condición, rango, xerarquía (ao cabo de vinte anos déronlle o grao de sarxento).
heroicidade
sf Epopea, fazaña, proeza, xesta. Heroísmo, valentía, valor.
heroísmo
sm Heroicidade. fig Afouteza, ardideza, ardimento, audacia, coraxe, intrepidez, ousadía, valentía, valor.
impavidez
sf Afouteza, coraxe, serenidade, valentía, valor.
importe
sm Contía, custo, monta, montante, prezo, suma, total, valor.
interese
sm Atractivo, importancia, relevo, valor. Atención, empeño. Ben, beneficio, proveito, utilidade, vantaxe. Rédito, renta, xuro. Comenencia, egoísmo. Curiosidade (teño interese en ver o que pasa alí). smpl Bens, capital, facenda, fortuna, patrimonio.
intrepidez
sf Afouteza, ardideza, ardimento, ardor, atrevemento, audacia, bravura, coraxe, ousadía, temeridade, valentía, valor.
mérito
sm Merecemento. Importancia, interese, relevancia, relevo, valor.
ousadía
sf Afouteza, atrevemento, ardideza, audacia, carraxe, coraxe, decisión, destemor, intrepidez, valentía, valor.
peito
sm Busto, dianteira, espeteira. Chucha col, mama, seo, teta. Tórax, torso, trobo. fig Afouteza, coraxe, ousadía, valor.
prezo
sm Valor. Aprecio, colaboración, estima.
relevo
sm Cambio, substitución. Perfil (xeografía). Posta (cabalos). fig Creto, fama, mérito, nome, renome, reputación, sona. Importancia, interese, relevancia, valor.
substancia
sf Entidade, esencia, fundamento, natureza, ser. Gusto, sabor. fig Importancia, transcendencia, valor.
talla
sf Corte, incisión, talladura. Escultura, estatua, gravado. Altura, dimensión, estatura, medida. Calidade, creto, importancia, mérito, valor. Castradeira, esmelgadoira. Balde, bañeira, caldeiro, cántaro, cuba, sella.
talle
sm Feitío, feitura, figura, forma, planta, porte, tipo. Cintura, van. Altura, dimensión, estatura, medida. Calidade, creto, importancia, mérito, valor.
valentía
sf Afouteza, atrevemento, bravura, coraxe, gallardía, intrepidez, ousadía, valor. Fazaña, proeza.
valía
sf Estima, importancia, merecemento, mérito, peso, prestixio, prezo, valor. Aptitude, capacidade, competencia, valemento, valer.
validez
sf Interese, utilidade, valor. Vixencia. Lexitimidade.
valor
sm Custo, prezo, valoración. Valentía, bravura, atrevemento, afouteza, ousadía, gallardía, intrepidez, coraxe. Valía, peso, prezo, mérito, prestixio, estima, merecemento, importancia. Validez, utilidade, interese. fig Descaro, desvergonza. smpl Accións, bonos, títulos.
valoración
sf Avaliación, cálculo, estimación, taxación, valorización. Valor, prezo, custo.
vigor
sm Animo, enerxía, fortaleza, forza, ímpeto, vitalidade. Frescor, frescura. Validez, valor, vixencia. Vizo, vezo, verdor, frondosidade, exuberancia. Vizo, bravura, forza, braveza, fogosidade, ardor, vida.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.