logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


calor
sf Temperatura. Abafo, afogo, fogaxe (exceso de calor no aire). Febre, fogaxe, quenturafig. Afán, afervoamento, ansia, ardor, brío, empeño, enerxía, entusiasmo, fervor, fogaxe, ganas, vehemencia, vida, vigor, vivacidade. Afecto, cariño, interese. Ardencia, paixón.
color
sf Colorido, cor. fig Alegría, animación, colorido, vida, viveza (as rúas da vila están cheas de color os domingos). fig Aire, aspecto, matiz, ton. Colorete, cor, maquillaxe. Coloración, pigmentación, cromatismo.
colorido
sm Color, cor. Color, animación, viveza, vida, alegría.
cor
sf Color, colorido. Pintura, tintura. Aspecto, aire, matiz, ton. Ideoloxía. Alegría, animación, vida, viveza.
chegada
sf Arribada, vida, vinda. Meta. adx Aviñada, comprida, madura (froita).
día
sm Tempo. Xeira, xornada. Ocasión, oportunidade, vez. Actualidade, momento, intre. Amencer, luz. smpl Vida (acabou os seus días na cadea).
existencia
sf Realidade, vida (a túa existencia é ben miserable).
sobrevivencia
sf Supervivencia, vida, resistencia, conservación.
subsistencia
sf Conservación, continuación, continuidade, estabilidade, existencia, permanencia, persisitencia, vida. Alimentación, alimentos, mantenza, manutención, sustento.
supervivencia
sf Conservación, resistencia, sobrevivencia, vida.
vida
sf Existencia, ser. Alento, alma. Biografía. Días, duración. Actividade, animación, enerxía, entusiasmo, vitalidade. Pracer, solaz. Individuo, persoa (teño moitas vidas ao meu cargo). Subsistencia, supervivencia (aquí a vida é dura). Vinda, regreso, chegada, volta.
vigor
sm Animo, enerxía, fortaleza, forza, ímpeto, vitalidade. Frescor, frescura. Validez, valor, vixencia. Vizo, vezo, verdor, frondosidade, exuberancia. Vizo, bravura, forza, braveza, fogosidade, ardor, vida.
vinda
sf Chegada, regreso, vida, volta.
vivir
vi Existir. Habitar, morar, residir. Durar. Manterse, sobrevivir (co que gaña ben pode vivir moitos anos). Atravesar, pasar (agora vivimos unha etapa feliz). sm Existencia, vida.
vizo
sm Exuberancia, frondosidade, verdor, vezo, vigor. Ardor, braveza, bravura, fogosidade, forza, vida, vigor.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.