logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


cabemento
sm Cabida, capacidade, volume.
cabida
sf Cabemento, capacidade, volume. Área, extensión, superficie.
calibre
sm Capacidade. Diámetro. Dimensión, envergadura, talla, tamaño, volume. Espesor, grosor. Formato. fig Envergadura, importancia, transcendencia (o investimento realizado é de moito calibre).
capacidade
sf Cabida. Extensión, volume. Aptitude, competencia, suficiencia. Intelixencia, talento.
corpulencia
sf Amplitude, gordura, grosor, mole, obesidade, volume. Forza, musculatura.
dimensión
sf Extensión, lonxitude, medida, proporcións, tamaño, volume.
espazo
sm Área, lugar, sitio, terreo. Capacidade, dimensión, extensión, superficie, volume. Distancia, tramo, traxecto, treito. Intervalo, intre, período, tempo. Atmosfera.
gordor
sm Espesor, gordura, grosor, volume.
gordura
sf Gordor, volume, grosor, espesor. Ensulla, enxulla, graxa, manteiga, lardo, pingo (porco), saín (porco), sebo (herbívoros), touciño, unto.
grandor
sm Gordura, grosor, volume, voluminosidade. Dimensión, grandura, magnitude, tamaño.
grosor
sm Grandor, volume, gordura, voluminosidade. fig Corpo, corpulencia, gordura, obesidade, voluminosidade.
libro
sm Tomo, volume (dáme o libro que está riba da mesa). Cenfollas, centofollas, entrefollos, follos, tentefollo (corta o libro da vaca para os callos).
magnitude
sf Dimensión, extensión, medida, tamaño, volume. fig Importancia, proporción (o asunto adquiriu unha gran magnitude).
tamaño
adx Semellante, tal. sm Altura, dimensión, envergadura, grandor, grandura, magnitude, medida, volume.
tomo
sm Exemplar, libro, volume.
volume
sm Capacidade, proporción, tamaño. Corpulencia. Intensidade. Exemplar, libro, tomo.
vulto
sm Fardo, paquete. Grosor, volume. Inchazo, inflamación. Ciste, tumor. Protuberancia. Bolo, carolo, chicote, conán, coque, croque, orgo, petoulo, pote, teto. Bocio, garxola, lamporca, lobiño, lobo, orgos, papada, papeira, papo, porcacol.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.