logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


cercar
vt Cerrar, choer, murar, valar, zarrar. Asediar, rodear, sitiar.
cerrar
vt Fechar, pechar, zarrar. Cercar, choer, valar. Clausurar, concluír, pechar (un acto). Encerrar, fechar, pechar. fig Bloquear, impedir (o paso). Acabar, cortar, dar cabo, dar fin, finalizar, findar, rematar, terminar (cun berro cerrou a discusión). vi Dentar, desbocar, despalar, despechar, espechar, estar de canteiros, estar de cabos, fechar, igualar, pechar, zarrar. Caltrir, cicatrizar, encoirar, fechar, pechar, sobresandar (pecharse unha ferida superficialmente), soldar, sollar, zarrar. vp Cubrirse, nubrarse, toldarse. Obstinarse, ofuscarse, teimar. Encerrarse, esconderse, ocultarse.
despechar
vt Abrir, desfechar. Desfechar, destapar (despecha a botella). Cerrar, dentar, desbocar, despalar, fechar, igualar, pechar, zarrar (a miña xata xa despechou a dentamia toda).
fechar
vi vt Cerrar, pechar, zarrar. Cercar, cerrar, choer, pechar, valar, zarrar. Clausurar, despedir, finalizar, pechar, rematar (o director fechou o acto). fig Cerrar, concluír, finalizar, pechar, rematar (mañá fecha o prazo de reclamacións). vp Anubarse, cerrarse, cubrirse, nubrarse, pecharse, toldarse, zarrarse (o ceo). Cegarse, cerrarse, obcecarse, obstinarse, ofuscarse, pecharse, teimar, zarrarse.
pechar
vp vt Aferrollar, encerrar, fechar. Confinar, encerrar, enclaustrar, illar, recluír. vi vt Aliñar, arremeter, cascar, cornear, cotar, cotenar, coteñar, embestir, enturrar, enturriar, escornar, escornear, romar, topar, trucar, tucar, tupar. Caltrir, cerrar, cicatrizar, encoirar, fechar, soldar, sollar, zarrar. vt Axustar, encaixar, xuntar. Acabar, concluír, finalizar, rematar. vi fig Dentar, desbocar, despalar, despechar, espechar, estar cerrada, estar de canteiros, estar de cabos, fechar, igualar (mudar os dentes a vaca).

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.