logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


alfoz
sm Arrabalde, arredores, barrio, extrarradio, suburbio. Distrito, xurisdición, zona.
área
sf Espazo, extensión, superficie, zona. Demarcación, distrito, xurisdición. Ámbito, campo, dominio, eido, materia, rama, sector.
banda
sf Cinta, faixa, fita, franxa, tira. Barra, faixa, franxa, lista, raia (a saba leva unha banda bordada). Bando, cuadrilla, gavela, grupo, tropa. Charanga, grupo, orquestra. Bandada, paxarada, voda (de aves), bando, paxariñada. Costado, lado. Lado, parte, zona (pola banda de alá xa non hai viño). Beira, marxe, orela, ourela.
bisbarra
sf Comarca, terra (na miña bisbarra hai moito gando). Contorna, redonda, zona (na bisbarra da vila hai moita industria).
comarca
sf Bisbarra, país, rexión, zona.
contorna
sf Comarca, zona. Aforas, alfoz, arrabaldes, arredores, barriada, periferia, redonda, rodeada, suburbios.
demarcación
sf Área, circunscrición, distrito, territorio, xurisdición, zona. Derrega, delimitación, derrego, deliñamento, estremeira, deslinde.
distrito
sm Demarcación, departamento, zona, xurisdición.
país
sm Nación, patria. Terra, territorio. Bisbarra, comarca, rexión, zona (o país da Limia está botado a perder).
parte
sf Anaco, fracción, fragmento, porción. Sorte, quiñón. Banda, dirección, lado, sector, zona. Contendente, litigante, preiteante. Contratante, negociante. sfpl fig Órganos xenitais, partes deshonestas, partes inferiores, partes íntimas, partes obscenas, partes pudendas, sexo, xenitais. sm Aviso, comunicado, despacho, notificación, participación. fig Noticiario, noticias (da radio).
sector
sm Sección (círculo). Grupo, parte. Sección, tramo. Distrito, zona.
superficie
sf Chan, exterior (superficie da terra). Área, extensión, zona.
zona
sf Área, rexión. Ámbito, espazo. Bisbarra, comarca, contorna.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.