Inicio

  • Imprimir

Benvidos a páxina web da Rede de investigación:

 

TECNOLOXÍAS E ANÁLISE DOS DATOS LINGÜÍSTICOS

subencionada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

 

 

Tecnoloxías e Análise de Datos Lingüísticos (TECANDALI) é unha rede interdisciplinar que vén desenvolvendo un espazo de interacción lingüistas, estatísticos e enxeñeiros informáticos e de telecomunicacións.

Recibiu financiamento da Xunta de Galicia e dos fondos FEDER en dúas convocatorias competitivas sucesivas das Axudas para a Consolidación e Estruturación de Unidades de Investigación Competitivas do Sistema Universitario de Galicia:

  • Bienio 2012-2013: convocatoria DOG 7/5/2012; resolución de concesión DOG 2/10/2012, referencia CN-2012/179, contía de 120.000 euros.
  • Bienio 2014-2015: convocatoria DOG 14/5/2014; resolución de concesión DOG 8/10/2014, referencia R2014/7, contía de 120.000 euros.


A Rede TECANDALI está formada polos seguintes grupos de investigación:
FILGA. Filoloxía e Lingüística Galega (GI-1743). Instituto da Lingua Galega. Universidade de Santiago de Compostela. Grupo coordinador da Rede. http://ilg.usc.es.
MODESTYA. Modelos de Optimización, Decisión, Estadística y Aplicaciones (GI-1914). Departamento de Estatística e Investigación Operativa. Universidade de Santiago de Compostela. http://eio.usc.es/pub/gi1914/.
GTM. Grupo de Tecnoloxías Multimedia. Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións. Universidade de Vigo. http://atlanttic.uvigo.es.
COGRADE. Gráficos por Computador e Enxeñaría de Datos (GI-2116). Departamento de Electrónica e Computación / Instituto de Investigacións Tecnolóxicas. Universidade de Santiago de Compostela. http://imaisd.usc.es/grupoficha.asp?idpersoatipogrupo=202048&i=es&s=-2-26-148.
GSI. Grupo de Sistemas Intelixentes (GI-1636). Departamento de Electrónica e Computación. Universidade de Santiago de Compostela. http://imaisd.usc.es/grupoficha.asp?idpersoatipogrupo=75525&i=es&s=-2-26-148-150.
TALG. Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega. Departamento de Tradución e Lingüística e Departamento de Filoloxía Galega e Latina. Universidade de Vigo. http://talga.webs.uvigo.es.
GRADES. Gramática, Discurso e Sociedade. Áreas de Lingua Española e de Lingüística Xeral. Universidade de Vigo. http://grades.uvigo.es.