logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sepan quantos esta carta de pago viren, como eu Alvaro de Soutomayor, vasalo de noso señor el Rey, que presente soo contigo e conosco que soo entrego, contento e ben pago de vos os fiess e arrendadores e colledores das alcavalas da vila de Pontevedra deste año da feita desta carta, de quantia de oyto mill maravedis da moneda vsual, que duas branquas vellas ou tres novas fasen vn maravedi, de que eu fige toma ẽnas ditas alcavalas este dito año en esta guisa: de vos Rui Gonçalves de Lugo, fiel e colledor da alcavala do pan, tres mill e quinentos maravedis; de vos Gomes de Santiago fiel e colledor da alcavala do vino quatro mill maravedis; de vos Gonçalvo Esteves, fiel e colledor da alcavala do pescado tres mill e quinentos maravedis; de vos Pero Garçia de Galegos, fiel e colledor da alcavala da carne, mill e dusentos maravedis; de vos Pero de Sayoane, alfayate, fiel e colledor da alcavala dos panos, mill maravedis; de vos Jacome Plateiro, fiel e colledor da alcavala do groso e salvagina mill e dusentos maravedis; de vos Rui da Franceira, fiel e colledor da alcavala do ferro quinentos maravedis; de vos Juan Maçeyno fiel e colledor da alcavala da madeira, dusentos maravedis; de vos Juan Prego, fiel e colledor da alcavala das herdades çent maravedis; de vos, o dito Juan Maçeyno, fiel e colledor da alcavala dos coiros e çapataria, seysçentos maravedis; de vos o dito Rui da Françeira, fiel e colledor da alcavala da froyta, çent maravedis; de vos Pero Farina, fiel e colledor da alcavala do sal, dous mill maravedis; de vos Gonçalvo Carriço, fiel e colledor da alcavala das bestas çent maravedis; que son asi cunplidos os ditos des e oyto mill maravedis da dita moneda de que me outorgo por entrego, contento e ben pago a toda mĩa voontade e renunçio a toda eixençon que nunca ende diga o contrario e por ende vos dou por libres e quitos a vos e a todos vosos bẽes para senpre, por quanto mos destes e pagastes e os eu de vos resçeby ẽna maneira que dita he e en esta dita carta se conten E porque he verdade e non veña en dubda firmey esta carta de meu nome e por mais firmesa rogey a Afonso Yanes Jacob, notario do Conçello da dita vila de Pontevedra, que a signase de seu signo que foy feita ẽna dita vila de Pontevedra quinse dias do mes de sentenbre, año do Nasçemento de Noso Señor Christo de mill e quatroçentos e saseenta años.

Ano 1460
Título abreviado LCP
Título Libro do Concello de Pontevedra
Referencia Rodríguez González, Ángel (ed. ) (1989): Livro do Concello de Pontevedra (1431-1463). Pontevedra: Museo de Pontevedra.
Capítulo 248
Páxina 224
Autoría Anónimo
Tipo/finalidade/xénero Carta de pago
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Pontevedra-[P]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL