logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean todos que eu Thareya Abraldes, moradora enna rua do Caminno da çidade de Santiago, moller que foy de Martin Eanes dito Pichis canbeador, por min et por toda mina voz vendo et firmemente outorgo para senpre a vos domna Iohana Esteves priora do moesteiro de Santa Maria de Belvis que he açerca dos muros da çidade de Santiago et ao convento do dito moesteiro que presentes seedes juntadas en voso cabidoo por tangemento de canpaa sigundo que he de custume que conprades por vos et en nome do dito moesteiro et de vossas suçessoras aquellos meus dous casares de herdade de Breyxo que som na frigresia de Sam Mamede de Berreo ennos quaes aora moran por min Fernan Martinez dito Gazeo et seu fillo Affonso Fernandez, os quaes me a min perteesçen por parte de meus padre et madre Abrald Eanes et Thareyia Eanes, et vendo con su pobrança et pan verde et sequo et con as devedas que a min deven et son tiudos et tenpo que me han de servir os homes que moran ennos ditos casares, et con suas casas, cassaes, chantados, perteenças et outras suas dereyturas u quer que for a montes et a fontes por dous mill et quinentos morabetinos de soldos oyto cada huna morabetino desta moneta del Rey don Affonso que me dades et de vos reçebo en presença deste notario et testemoyas en ouro et en prata et dineiros que montan et valen a dita quantia, dos quaes dineiros me outorgo por enterga et ben pagada et renunço a toda excepçon dos ditos dineiros que non possa dizer que me non foron dados et contados et passados a meu jur et poder, et se mays vallen os ditos casares et cousas sobreditas que vos vendo douvoslos et doo en doaçon et devovos anparar et defender con ellos por min et por todos meus benes et daqui endeante vos et vossas vozes et suçesores fazede deles toda vossa voontade para senpre sem meu enbargo et de mina voz.

Ano 1349
Título abreviado MB
Título Santa María de Belvís
Referencia Rodríguez Núñez, Clara (ed.) (1989): "Santa María de Belvís, un convento mendicante femenino en la Baja Edad Media (1305-1400)", Estudios Mindonienses, 5, pp. 335-485.
Capítulo 30
Páxina 426
Autoría Afonso Sanchez notario de Santiago jurado (escribán: Domingo Martinez)
Tipo/finalidade/xénero Venda
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Santiago [Santiago de Compostela-C]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL