Sabean todos que eu, Fernan de Biveiro, lavrador, besiño da villa de Pontevedra, que soo presente, confeso et outorgo que devo et ey de dar et pagar a vos Juan de Santo Domingo, carpinteiro, besiño da dita villa, que sodes presente, çento et sesenta maravedis, de moeda vella, contando a branqua en tres dineiros, os quaes ditos çento et sesenta maravedis da dita moeda me vos enprestastes por me fazer amor et graça et boa obra, et os eu de vos resçebi en presença deste notario et ts. et de que me outorgo por entrego et pago a toda mea voontade, et renunçio a toda eixençon que nunca ende diga o contrario em juiso nen fora del, et se o diser que me non valla, et os quaes ditos çento et sesenta maravedis da dita moeda bos prometo et outorgo de dar et pagar deste dia de Natal da naçença de Deus primeiro que verra, que seera en este ano primeiro que verra de mill et quatroçentos et trinta et quatro anos ata un ano conprido, et por todos meus bẽes movles et rayses et espeçialmente por la mia herdade et baçelo de viña que en ela fise et plantey, que esta ẽno burgo da alen, que he de foro do mosteiro de San Salvador de Lerez, o qual jas entre las congostras et caminos publicos que van para Santiago et para o dito moesteiro de Lerez, et ven seir con portas et seido aa crus nova que se agora fezo ẽno començo et entrada das ditas congostras, que vos a elo obligo et meto em jur et en mãao por esta carta feita por este notario ajuso escripto.
|