logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean todos que eu Tareija Peres, moller que foi de Juan de Santa Fe, toneleiro, cuja alma Deus aja, et morador que soo ẽno couto de Tanoiro, que soo presente et que o faço por min et en nome de Estevõo, meu neto et do dito meu marido que foi, que presente esta et outorga et por lo qual me obligo, por quanto el he menor de viinte et cinco anos, que el aja por firme et estavell esto aqui adeante contiudo, et que non venan contra elo en ninhũu tenpo que seja et por mĩas vozes et suas, non costrenguda por força nen por engano resçebida, mas de mĩa livre et propia voontade, et par pagr çertas devedas que eu et o dito meu marido deviamos de que ao dito meu neto ben de pagar a sua metade, vendo et firmemente outorgo por jur de herdade para todo senpre a vos Afonso Domingues, clerigo capelan do moesteiro de San Pero de Tanoiro que sodes presente, et a todas vosas voçes, a nosa casa, disimo a Deus que esta ẽna Rua da Tonearia da friguesia de San Bartolameu da dita villa, et a qual se ten de longo por parede da hũa parte con outra casa do dito moesteiro de Tanoiro et da outra parte se ten eso mesmo de longo por parede con a rua publica que vay para a Rua da Pedreira da dita villa, et sal con portas aa dita rua da Tonearia, et a qual a min et ao dito meu neto perteesçe por conpra que eu et o dito meu marido, seu avoo dela fesemos a Pero Fernandes, toneleiro, et por outra qualquer rason que nos perteesca, et vendo, como dito he, a dita casa con seu tarreo en que esta et con sua pedra, tella, ferro, madeira et de ancho et de longo et de baixo et dalto et con todas suas entradas et seydas et pousos, jures et agoas bertentes et perteensças et dereituras que lle perteesçen et perteesçer deven, por contia de seisçentos maravedis de moeda bella, contando a branqua en tres dineiros, os quaes ditos seisçentos maravedis da dita moeda, eu de vos resçebi en presença deste notario et ts. et de que me outorgo por entrega et paga, et renunçio etc. et se o diser etc. et se mas val etc. et todo jur etc. anparar etc. pena o doblo etc.

Ano 1433
Título abreviado MNP
Título Minutario notarial de Pontevedra
Referencia Rodríguez González, Ángel / José Armas Castro (eds.) (1992): Minutario notarial de Pontevedra (1433-1435). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Capítulo 53
Páxina 74
Autoría Anónimo
Tipo/finalidade/xénero Venda ("venda")
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Pontevedra [Pontevedra-P]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL