logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean todos que nos o doutor frei Fernando de Minoferral, gordian do moesteiro de San Françisco da villa de Pontebedra et frei Gonçalvo Rodrigues mestre en Teología et frei Juan Tasando, doutor, et frei Fernando de Moos, vicario, et frei Alvaro de Valença, bachiller, et frei Rui de Caldas et frei Fernando de Salamanca et frei Gonçalvo de Tui, fraires conventuaes do dito moesteiro que a esto que dito he somos presentes dentro no capítulo do dito moesteiro por tanjemento de canpãa, segundo que avemos de uso et de costume, et que fasemos por nos et por lo convento do dito moesteiro et por nosos subçesores, non costrengudos por força nen por resçebidos de engano, mas de nosa livre et propia voontade vendemos firmemente et outorgamos por jur de herdade para todo senpre, a vos Fernando Vaasques, mercador, besiño da dita villa, que sodes presente, et a bosa moller Ynes Peres et a todas bosas vozes et suas, todo o noso casal et do convento do dito moesteiro con suas casas, casares et plantados et viñas et foros et dereituras a el perteesçentes, que chaman de Nantes que he ẽna fiigresia de Santa Vaya de Nantes, o qual a nos et ao convento do dito moesteiro perteesçe por desenbargo que nos del feso Gomes Fernandes do Ribeiro en pago de çerto cargo de que nos era obligado, segundo que mellor et mas evidentemente pasou por ante este notario ajuso escripto et vendemos o dito casal con suas casas et herdades et plantados et viñas onde quer que vaa, a montes et a fontes, et con todas seus foros et dereituras et entradas e seydas et perteensas et dereituras que lle pertesçen et perteesçer deven de dereito, conven a saber: por contia de mill et oytoçentos mrs. de moeda vella contando a branca en tres dineiros quatroçentos mrs. da dita moeda nos de vos resçebemos en presença deste notario et testemoyas, et de que nos outorgamos por entregos et pagos a toda nosa voontade ben et conpridamente, et renunçiamos a toda exençon que nunca ende digamos o contrario, et seo disermos que nos non valla, et se mas bal esto que vos asi vendernos, toda esta mayosia que mas bal bos damos et outorgamos en pura, justa et sãa doaçon para todo senpre; et todo jur, sẽnorio, posison, propiedade, vos, dereito et auçon que nos et o convento do dito moesteiro avemos et aaver devemos en esto que dito he, que vos asi vendemos, de nos et do convento do dito moesteiro de nosos subçesores o tiramos et tollermos et en vos o dito Fernan Baaques et ẽna dita bosa moller et bosas vozes o põemos et traspasamos et removemos por esta presente carta de venda que vos ende delo fasemos et outorgamos en lugar de sẽnorio et posison corporal; et queremos et outorgamos que desde oje este dia endeante, sen noso enbargo et do convento do dito moesteiro, posades entrar et rescebir o dito casal con suas casas et viñas et herdades et plantados et foros et dereitos del que vos asi bendemos, et faser delo et en elo toda bosa livre voontade como de vosa cousa propia.

Ano 1433
Título abreviado MNP
Título Minutario notarial de Pontevedra
Referencia Rodríguez González, Ángel / José Armas Castro (eds.) (1992): Minutario notarial de Pontevedra (1433-1435). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Capítulo 70
Páxina 101
Autoría Anónimo
Tipo/finalidade/xénero Venda ("carta de venda")
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Pontevedra [Pontevedra-P]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL