logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean todos que en Maria de Portas, moller que foi de Juan de Portas, cuja alma Deus aja, besiña et morador da villa de Pontevedra, que soo presente et que faço por mĩ et por todas mĩas vozes, non costrenguda por força nen por engãno deçebuda mas de mĩa livre et propia voontade, quero et outorgo que, por quanto eu soo vella et enferma de diversa infirmidade tal que me non poso levantar de cama salvo se me levanta outra persona, como quer que con esto temo mĩa raçon et por rason da dita infirmidade ninhũu meus bẽes movles et reyses, por rason delo et por mingoa de procuramente et aministraçon, se perden et van a delapitaçon, por lo qual ouve de faser conperamento firme por senpres convosco Rui Martis Touriño, barveiro, vesiño da dita villa, meu jenrro, que sodes presente, en este guisa: que vos o dito Rui Martis, por os ditos meus bẽes asy movles como reyses, et por vosa custa, me mantenades et governedes en toda mĩa vida de aquelo que a meu estado fose mester et que, ao tempo de mĩa morte, façades sepultar et enterrar meu corpo onrrosamente, et que por esto que vos podesedes aver et herdar os ditos meus bẽes asi movles como rayses et aministrarlos et procurarlos et fazer deles toda vosa libre boontade, como de bosa cousa propia, asi en satisfaçon do manteemento et procuramento que me asi avedes de faser como de çerta contia de mrs. que vos ja devo et soo obligada, que me destes et enprestastes para meu manteemento antes desto.

Ano 1433
Título abreviado MNP
Título Minutario notarial de Pontevedra
Referencia Rodríguez González, Ángel / José Armas Castro (eds.) (1992): Minutario notarial de Pontevedra (1433-1435). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Capítulo 79
Páxina 111
Autoría Anónimo
Tipo/finalidade/xénero Acordo ("conperamento")
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Pontevedra [Pontevedra-P]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL