logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean todos que eu Juan Canpeeiro, besiño et morador ẽna villa de Pontevedra et que faço por mĩ et por todas mĩas vozes, non costrengudo por força nen por engãno resçebido, ma de mĩa livre et propia voontade, vendo firmemente et outorgo por jur de herdade para todo senpre a vos Pero Eanes da Rigeira, meu yrmãao, morador ẽna fiigresia, de San Christovoo de Candian, que sodes presente, et a vosa moller Tareija Fenandes et a todas bosas vozes, en hũa metade desto aqui adeante contiudo, et a vos Gonçalvo deo Caeiro, eso mesmo meu yrmãao, morador ẽna dita fiigresia, et a vosa moller Dominga Peres et a todas vosas vozes, en outra meatade, todas las herdades, casas, casares et chantados et viñas et arvores que a mĩ perteesçen de aver et herdar ẽnas fiigresias de San Christovoo de Candian et de Santa Marĩna de Cabral et de Santo Andre de Comesano et en outra qualquer parte que sejan, que a mĩ perteesçan de aver et herdar as ditas herdades por herança de Juan Peres do Caeiro et de sua moller Maria Peres, nosos padre et madre, et por outra qualquer parte que a mĩ perteesça; et vendo, como dito he, as sobreditas herdades, casas, casares et chantados et viñas et arvores, onde quer que vãa, a montes et a fontes, que asi a mĩ perteesçen por parte et herança dos ditos meus padre et madre, con todas suas entradas et seydas et perteensas et dereituras que lle perteesçen et perteesçer deven asi de feito como de dereito, por contia de çento et viinte mrs. de moeda vella contando a branqua en tres dineiros, os quaes ditos çento et viinte mrs. da dita moeda eu de vos resçebi en presença deste notario et testemoyas, et de que me outorgo por entrego et pago a toda mĩa voontade, et renunçio a toda enxençon que nunca ende diga o contrario en juiso nen fora del et, seo diser, que me non valla, et se ais valen as ditas herdades et casas et casares et chantados et viñas que vos asi bendemos, toda esta mayosia que mas valen vos dou et outorgo en pura, justa et saa doaçon para todo senpre asi como doaçon mellor pode et deve seer et de dereito mas vale ontre bivos.

Ano 1433
Título abreviado MNP
Título Minutario notarial de Pontevedra
Referencia Rodríguez González, Ángel / José Armas Castro (eds.) (1992): Minutario notarial de Pontevedra (1433-1435). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Capítulo 84
Páxina 116
Autoría Anónimo
Tipo/finalidade/xénero Venda ("carta de venda")
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Pontevedra [Pontevedra-P]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL