logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean todos que eu Pero de Montes, natural do moesteiro de Santa Maria d ' Asiveiro que soo presente, quero et outorgo que por quanto vos Tareija de Montes mĩa moller, filla de Juan Branco et de Moor Gomes sua moller, que sodes absente, vos absentastes de mĩa casa et poder sen meu mandado et liçençia a outra parte a donde vos quisestes, por lo qual vos non queredes tornar a mia casa et poder, nen eso mesmo non ousades de andar seguramente por la terra donde sodes natural, nen paresçer ante mĩ nen lugar donde eu de vos aja notiçia et parte et vos posa costrenjer por rigor de dereito, reçeando vos que por lo dito absentamento que asy fezestes que eu vos queira demandar et acusar por rason que avedes cometido pecado de adulterio; por ende eu o dito Pero de Montes que asi soo presente, non costrengudo por força nen por engano rescebido, mas de mĩa livre et propia voontade et por lo amor de Deus, perdoo a vos a dita de Montes mĩa moller, que sodes absente asi como se fosedes presente, todo erro et mal et dano et interese que eu resçebese et ouvese por rason do dito absentamento que asi fezestes, et eso mesmo todo pecado de adulterio que vos fezesedes et cometesedes et fezestes et cometestes des lo tenpo que sodes mĩa moller et comigo casastes ata este presente dia et que fezerdes et cometerdes, o que Deus non queira, desde oje que esta carta he feita ata o primeiro dia do mes de abril primeiro que ven, que seera en este ano primeiro que verra de mill et quatroçentos et trinta et cinco anos, et qualquer copulçon que fezesedes ou fezestes ou feserdes ata o dito dia con qualquer persona en meu perjuiso.

Ano 1434
Título abreviado MNP
Título Minutario notarial de Pontevedra
Referencia Rodríguez González, Ángel / José Armas Castro (eds.) (1992): Minutario notarial de Pontevedra (1433-1435). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Capítulo 110
Páxina 150
Autoría Anónimo
Tipo/finalidade/xénero Perdón ("contrabto de perdón")
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Pontevedra [Pontevedra-P]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL