logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean todos que eu Ruy Gonçales Brageiro, vesiño da villa et outorgo que por quanto eu plasendo Maria Falangeira convosco Álvaro de Santiago, criado de Luis Mendes mercador, que sodes presente por palabra de presente segundo que Deus manda et a madre Santa Iglesia, por ende eu, de mĩa libre et propia voontade, dou et outorgo aa dita mĩa filla primeiramente a bieçon de Deus et a mĩa et mais en dote et casamento convosco o dito Alvaro de Santiago tres mill mrs. de moeda vella contando a branqua en tres dineiros, os quaes vos prometo et outorgo de dar et pagar en esta guisa: ẽna somana que tomardes a dita mĩa filla vosa moller dous mill mrs. da dita moeda, et os outros mill mrs. ẽna novidade de pan et viño colleito primeira que verra, et outrosi dou et outorgo mas aa dita mĩa filla ẽno dito dote et casamento convosco o dito Alvaro de Santiago, por jur de herdade para todo senpre, a mĩa casa desimo a Deus que esta ẽna Rua de Juan Fernandes Lourenço en que agora por mĩ mora Blanca Carmena, et mas hũa das quatro casas baixas que eu teño ẽna Rua do Verron da dita villa, qual delas vos o dito Alvaro de Santiago ante quiserdes con o cargo que en aquela en que escollerdes ouver qualquer persona ou iglesia ou moosteiro, et mais hũa cama de roupa perteesçente a meu estado et mais a dita mĩa filla vestida de pelote et de sirga et maron et con hũa abutuadura de prata que pese un marco de prata, as casas et cama de roupa corno tomardes bosa moller; et para vos o dito Alvaro de Santiago seerdes mas seguro de seer pago dos ditos mrs. aos ditos terminos et cada un deles douvos comigo por fiadores, devedores et principaes pagadores a Afonso Yanes Jacob notario da dita villa et a Domingo Yanes ferreiro morador ẽna dita villa que presentes estan, et outorgo a dita fiadoria a cada un deles por lo todo; et nos os ditos Afonso Yanes et Domingo Eanes, fiadores sobre ditos que asi somos presentes, anbos et dous de mancumun et a vos de hũu, et cada un de nos por lo todo, asi outorgamos esta fiaduria et obligamos a nos mesmos et a cada un de nos et a todos nosos bẽes asi movles como raises de nos et de cada un de nos para dar et pagar os ditos tres mill mrs. da dita moeda a vos o dito Alvaro de Santiago aos ditos terminos et cada un deles, et non vos los dando et pagando o dito Ruy Gonçales aos ditos terminos et segundo et por la via para o qual todo asi teer et conprir et pagar eu o dito Rui Gonçalves asi corno devedor principal et nos os ditos Afonso Yanes et Domingo Eanes asi como seus fiadores, devedores et principaes pagadores ẽna dita contia dos ditos tres mill mrs., obligamos a elo a nos mesmos et a cada un de nos et a todos os ditos nosos bẽes movles et reyses de nos et de cada un de nos, os que oje este dia avemos et ouvermos de aqui endeante, et so pena do doblo da dita contia que outorgamos de vos dar et pagar a pena se en ela caremos; et queremos et outorgamos que en esto devia ser vos o dito Alvaro de Santiago de vos tornar por el ante nos os ditos Afonso Yanes notario et Domingo Yanes ferreiro, ou a cada un de nos ou ao dito Rui Gonçalves, qual vos ante quiserdes, et que nos ou cada un de nos sejamos tiudos et obligados de vos los dar et pagar aos ditos terminos et cada un deles sen outra falta, juiso et revolta algũa, e eso mesmo eu o dito Rui Gonçalves a dita casa et cousas sobre ditas; o qual todo como suso escripto he eu o dito Rui Gonçalves, asi como devedor principal, et nos os ditos Afonso Yanes et Domingo Yanes, asi como seus fiadores et devedores et pincipaes pagadores, anbos et dous de mancumun como dito he, prometemos et outorgamos de teer, conprir et pagar et entregar todo asi aa boa fe de Deus et sen mao engãno et por nos et por todos os ditos nosos bẽes asi movles como reises, et so pena do doblo da dita contia, que outorgamos de vos dar et pagar de pena en nome de interese seo asi non tevermos, conpriremos et contra elo vieremos, et ante nos obligamos de vos dar et pagar a pena se en ela caeremos que o principal, et despois pagar o prinçipal et pena todo enteiramente, et non no teendo et conprindo et agardando nos todo asi, por esta carta rogamos et pedimos et damos todo noso libre et conprindo poder a qualquer juis ou alcalde ou outro ofiçial do dereito de qualquer ley, estado, condiçon que seja, que sen nos nen cada huun de nos seeremos chamados a juiso nen oydos et por donde devemos et se aver o traslado desta carta et dia et plaso para avogado et sen outro termino et placo de alõgamiento algũu que faça entrega et exsecuçon en nos et en todos nosos bẽes de nos et de cada hũu de nos para toda a dita deveda prinçipal, et por la dita pena se en ela caeremos, et vendan et rematen os ditos nosos bẽes onde quer que os acharen, et dos mrs. que valueren que entreguen et façam pago a vos o dito Alvaro de Santiago de todo o sobre dito, et das cousas que vos sobre elo requesçeren e vos faserdes aa nosa culpa de todo ben et conpridamente, como se todo fose julgado contra nos por senteça defenitiva dada por juis conpetente a nosa petiçon et consentimento et todo pasase en cousa julgada; et nos asi o outorgamos et pedimos et consentimos que se faça todo asi, et renunçiamos a toda exençon que nunca ende digamos o contrario en juiso nen fora del, et seo diseremos que nos non valla, et eso mesmo renunçiamos a ley do dereito que dis que general renunçiaçon non val, que outorgamos que nos non posamos aproveytar delo: et por que he çerto, outorgamos ende esta carta ante o notario et testemoyas de juso scriptos.

Ano 1434
Título abreviado MNP
Título Minutario notarial de Pontevedra
Referencia Rodríguez González, Ángel / José Armas Castro (eds.) (1992): Minutario notarial de Pontevedra (1433-1435). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Capítulo 111
Páxina 152
Autoría Anónimo
Tipo/finalidade/xénero Dote ("dote et casamento")
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Pontevedra [Pontevedra-P]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL