logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Outrosi vos vendo et outorgo mas por jur de herdade para todo senpre toda a mĩa parte et quiñon que eu ey et a mĩ perteesçe de toda a agra de viña que disen do Pereiro, a qual dita leyra de viña et parte que asy me perteesçe da dita agra de viña do Pereiro a mĩ perteesçe por erança de mina madre Dominga Oanes carpenteira; et vendo como dito he a dita leyra de viña et parte da outra viña do Pereiro con seu terreo en que estan et con seu muro et çerqua et entradas et seydas et perteeças et dereituras que lles perteesçen et perteesçer deven asy de feito como de dereito, conben a saber por contia de tresentos mrs. de moeda vella contando a branqua en tres dineiros, os quaes ditos tresentos mrs. da dita moeda eu de vos resçebi en presença deste notario e testemoyas et de que me outorgo por entrego et pago a toda mĩa voontade et renunçio a toda exçeyçon que nunca ende diga o contrario en juiso nen fora, et seo diser quero et outorgo que me non valla, et se mais val que esto que dito he que vos asy vendo, douvoslo et outorgo en pura justa saao doaçon para todo senpre, asy como doaçon mellor pode et deve seer et de dereito mas valer entre bibos; et todo jur, senorio, posison, propiedade, vos, dereito, auçon que eu ey et aver devo en esto que dito he que vos asi vendo, de mĩ et de todas mĩas voses o tiro, tollo et en vos o dito Juan Peres et en vosas voses o pono et traspaso et removo por esta presente carta de venda que vos asi ende delo dou et outorgo en lugar de señorio et posison corporal, para que delo façades toda vosa libre voontade, et prometo et outorgo de vos anparar et defender con esto que vos asi vendo de todo enbargo por mĩ et por todos meus bẽes movles et rayses que vos a elo obligo, et so pena do doblo da dita contia que vos peite por pena seo asi non tover et conprir et contra elo vier, et a pena pagada ou non, esto como dito he este senpre firme.

Ano 1434
Título abreviado MNP
Título Minutario notarial de Pontevedra
Referencia Rodríguez González, Ángel / José Armas Castro (eds.) (1992): Minutario notarial de Pontevedra (1433-1435). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Capítulo 115
Páxina 159
Autoría Anónimo
Tipo/finalidade/xénero Venda ("carta de venda")
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Pontevedra [Pontevedra-P]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL