logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean todos que eu Gonçalvo Rodrigues, mariñeiro, besiño da villa de Pontevedra que soo presente et que faço por mĩ et por todas mĩas voses, non costrengudo por força nen por engãno resçebido, mais de mĩa libre et propia voontade, vendo firmemente et outorgo por jur de herdade para todo senpre a vos Juan Afonso, morador ẽno lugar que disen Sequeiro que he ẽna fiigresia de Santa Maria de Couso, que sodes presente, et a vosa moller Sancha Fernandes et a todas vosas boses, todas la herdades, casas, casares et plantados et viñas, onde quer que vaan a montes et fontes, ẽna dita fiigresia de Santa Maria de Couso, ẽno casal que disen dos Carteiros, as quaes a mĩ pertesçen por mia avoa Tareija Martis et por outra qualquer parte que a mĩ perteesçan ẽna dita fiigresia et sua herdadura; et vendo como dito he as ditas herdades, casas, casares et plantados et viñas con suas entradas et saydas et perteesças et dereituras, que ller perteesçen et perteesçer deven de dereito, por contia de çento et sesenta mrs. de moeda vella, contando a branqua en tres dineiros, os quaes ditos çento et satenta mrs. da dita moeda eu de vos resçeby en presença deste notario et testemoyas, et de que me outorgo por entrego et pago, et renunçio a toda exençon que nunca ende diga o contrario, et seo diser que me non valla, et se mas bal esto que vos asi bendo douvoslo et outorgo en pura, justa et saa doaçon para todo senpre, asi como doaçon mellor pode et deve seer et de dereito mas valer ontre vibos; et todo jur, señorio, posison, propiadade, vos, dereito et auçon que eu ey et aaver devo en esto que vos asi vendo, de mĩ et de todas mĩas vozes o tiro et tollo et en vos o dito Juan Afonso et ẽna dita vosa moller et bosas vozes o poño et traspaso et removo por esta presente carta de venda que vos ende delo et outorgo en lugar de señorio et posison corporal, para que façades delo et en elo toda bosa libre voontade como de posa cousa propia, et prometo et outorgo de vos anparar et defender, con esto que vos tiendo, de todo enbargo por mĩ et por meus bẽes que vos a elo obligo et so pena do doblo da dita contia, que vos peite por pena a vos et a dita vosa moller et bosas vozes eu ou mĩas vozes seo asi non toveremos, conpriremos et contra elo vieremos, et a pena pagada ou non esto como dito he este senpre firme.

Ano 1435
Título abreviado MNP
Título Minutario notarial de Pontevedra
Referencia Rodríguez González, Ángel / José Armas Castro (eds.) (1992): Minutario notarial de Pontevedra (1433-1435). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Capítulo 124
Páxina 164
Autoría Anónimo
Tipo/finalidade/xénero Venda ("carta de venda")
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Pontevedra [Pontevedra-P]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL